Estes días estou a reler un libro de sonetos que Joaquín Sabina publicou no 2001: “Ciento volando de catorce”. Entre eles hai un que lle dedica a Rafael Alberti.
Aproveitando que o día 28 se cumpriron 8 anos do pasamento de poeta gaditano paréceme ben transcribir aquí esa homenaxe sabiniana o gran Rafael. Cun día de atraso, claro.
SI DIGO RAFAEL
Si digo Rafael digo Picasso,
cabello de ángel, gorro marinero,
Ignacio, Federico, Garcilaso,
Aitana, Benjamín, García Montero.
Si escribo cal y canto, ¡qué osadía!,
si Trastévere ... casa de las flores,
no pasarán quiere decir Dolores,
si naufrago pernocto en tu bahía.
Si te falla mi hombro es porque muero,
si nombro a Juan abrazo al panadero
del pan de anís de la melancolía.
Si te desvives culpo a tu asesino,
si calla Alberti se avinagra el vino
del bar del puerto de Santa María.
23 comentarios:
O primer libro que lein de Alberti, foi "La Alameda perdida". Sempre foi un dos meus poetas preferidos, en lingua española.
Un saúdo
Non vou facer comentarios de Sabina ... o poema a vista está.
O gran Sabina, un dos meus poetas preferidos xunto con Rafael, por suposto.
boa homenaxe.
Saúdos.
Preciosa homenaxe.
Sabina é un bo poeta; non canta aló moi ben, pero da xenio oílo.
En relación ós comentarios, non sei que pasaba, ata chejei a pensar que todos os que entrades no blog estábades compinchados para non deixarme comentarios...
Tiven que cambiarlle a pelexa...
vaia tres que se xuntan aqui...
Alberti, Sabina y O Raposo, se volve a darse unha xuntanza de poetas poderias avisar que eu apuntome, xa sei que non daria a talla, pero son un bon aprendiz...
apertas e saude
ainda que sabina se me atragantou, teño que recoñecer algúns dos seus poemas... de alberti... uf!
ángeles malos o buenos, que no sé te arrojaron en mi alma... marabilla!
Fermosísimos versos que non coñecía. Grazas por traelos ao teu blog.
Alberti e un dos meus favoritos, especialmente no seu libro "El Ceñidor de Venus Desceñido", no que soneto tras soneto supérase a si mesmo.
Sempre predico a neta e total separación do artista e a persoa. Cousas que vou descubrindo -con gran tristura- na biografía deste xenio da palabra confírmanme esto.
Tampouco Picasso era un santo. Nin Sartre. Nin moitos outros. Mais eses outros non crearon esas xoias eternas que Alberti fixo versos. E por moito mal que fixera o home Alberti, se cala o poeta Alberti avinágrase o viño do bar do porto de Santa María.
Este Sabina tiene para todos... Alberti no está entre mis más profundas devociones, pero sin duda es todo un estand-arte, irreemplazable.
A usted le mando un abrazo sureño, esta vez sin puerto.
Pois eu, sen desdeñar o meu pasado cuasifanático sabinista penso que éste último está bastante sobrevalorado. Ou polo menos a min as ultimas cousas que escribe non me baixan ben.
E de Alberti quedome con A galopar e pouco máis.
¡SAlud Raposo!
Hablando de Alberti, te regalo una bella canción, no es de Sabina empero:
http://www.goear.com/listen.php?v=187abc3
Abrazos madrileños!
Non por ser malevo (que o son...) pero dicir Alberti é dicir tamén o poeta sicofanta do PC Stalinista, que azuzaba a caza contra os 'trotsko-fascistas' (sic).
Como poeta, ten cousas, anque creo que os moziños do 27 tamén teñen poetas mellores, ou... Só unha modesta opinión.
A referencia de Fravernero é correcta. Recomendo ler "La ruptura" de Stephen Koch, que recrea o enfrontamento entre Hemingway e Dos Passos tralo asasinato do traductor (e amigo) deste último. Para non perderse o sinistro papel de Alberti.
Con todo, dito esto, eu seguirei disfrutando dos versos de Alberti porque cando a beleza xurde, nin as mans do home que a creou poden xa manchala de xeito ningún.
Por Rafael,unha cunca de bo LK.Apertas raposo!
Por Rafael un bo aplauso...
Unha aperta raposo.
:)
¿por qué xa non ves a visitarme? (voz de mimo) quería decirche algo, pero olvideino e deixeino no meu blog ¿poderías pasar por alí?
Un saúdo.
creo que Rafael Alberti pertenece a esa época que ya muy pocos recordamos en la que los poetas salían en el telediario y recitaban, y no había subtitulos de indices nikkei ni intermedios. ke vellos vamos!
o de sabina é unha cousa rara... non sei ben porque pero hai cousas súas que me gustan e que incluso son parte da miña bando sonora orixinal... pero o que se di cantar, non canta moi aló.
moitas veces non que o teu dominio do instrumento sexa xenial, máis ben que sexas capaz de emocionar. el ten esa cualidade, pero por partida dobre, porque emociona o que di e sabe facer que che emocione como o di
de todos modos, non esquecerei o trauma que me causaron aquelas fotos no pais semanal.... uiggggg!!!
bonito recordo o de recordar a un poeta
A min sucedeme o mesmo, milonga, pero non co artista, senón cos seus albums. Así Hotel dulce hotel está asociado a festas nocturnas bebendo wiski e pasando frío en Santiago. E mentiras piadosas é a banda sonora doutras vivencias, etc. Nos últimos tempos a banda sonora é outra. De tal xeito que para mín Sabina xa será sempre pasado. Pola contra, Javier Krahe segue a ser presente para min, porque as cousas novas que fai seguen atrapándome.
aproveito que saiu ó paso J. Dos Passos para recomendar a lectura da sua autobiografía, un libro que te atrapa. Menudas aventuras viviu o tipo.
Coincido con Ricardo Arias en que debemos separar o poeta e a súa obra da persoa en si. Como tal Alberti pode ter puntos negros (quen non os ten) pero como poeta é un dos imprescindibles, e foi pola sua faceta poètica polo que o lembrei neste blog.
En canto a Sabina non é un bo cantante (mesmo el o recoñece) pero escribiu algunhas das mellores letras de cancións das últimas décadas.E ten algúns sonetos moi meritorios. A min pásame que, as veces, leo algo de Sabina e penso "¡joder, esto gustaríame telo escrito eu!". Pero non, xa o escribira Joaquín e o único que me queda e sentir unha profunda e atea devoción.
Súmome a opinión de Hormiga con respecto a Javier Krahe, artista infravalorado en xeral, pero que ten un público fiel como poucos.
Saudiños e grazas a todos-as pola visita a cova.
Gustavo: gracias por tu visita y por esa canción de regalo.
Un abrazo.
MI NOMBRE
¡¡Rafael!! Dicen tus labios al besarme,
¡¡Rafael!! Cosquillean mis sentidos,
¡¡Rafael!! Llega tu voz a acariciarme,
¡¡Rafael!! Y para ti son mis oídos.
Y después de escucharme en tus besos,
y después de gustar tu dulce miel,
quiero volver a volar cielos de esos
para sentirte en mí nombre, ¡¡Rafael!!
10/11/05
¡É QUE O NOSO NOME TEN ALGO!
Grazas por eses sentidos versos, Rafael.
Publicar un comentario