sábado, 3 de mayo de 2008

CAIXA DE CORREOS (II)


A función dunha caixa de correos é gardar as cartas e protexelas dos axentes atmosféricos e de mans alleas. Dende logo esta que vedes non cumpre ese cometido pero, maila o seu abandono e deterioro, creo ver nela algo de arte, unha mestura de Picasso e Chillida quizais. O que xa non sei e o que opinará o carteiro destes arrebatos artísticos.
A foto foi tomada na parroquia de Oleiros, en Riveira.

21 comentarios:

Mararía dijo...

Tranquilamente podería estar exposta no Guggenheim.

Por outra banda, deixa ver a desidia, xa que polo oxidado que se ve leva tempo e ninguén solicitou que se cambiase.

HADEX dijo...

Na época dos emilios......ata os buzóns se resinten...

asbeirasdoarnego dijo...

jeje. O cometido non o cumple moi ben ben non,pero ten razón silvana por esa "obra de arte" xa a poden expoñer en Bilbao no Guggenheim.
Un Saúdo.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

BK dijo...

Se o carteiro que vai por alí, é como o que teño eu, se levará as cartas de volta e non deixará ningunha máis ata que non aparezan os habitates da casa colgados nel, non haxa ningún can solto na finca e ningunha rama de árbore preto del.

Anónimo dijo...

Ata tí na tua cova terás un buzón millor!
A verdade e que hadex ten razón: no meu buzón non entra mais que os extractos do banco e a publicidade disfrazada de correspondencia moi aparente...
Moi ben o ollo posto ahí eh?

Torreira dijo...

O carteiro cajarase na tos raposo e as cartas...canto desamparo nos dias de invernia.Apertas

Sun Iou Miou dijo...

Tampouco non mostras o resto da casa, e iso é trampa, porque fixo fixo que está en idénticas condicións ruinosas (ou iso, o chegoulle unha multa ao dono e decidiu desabafar na caixa antes que matar o mensaxeiro...)

busto.agolada dijo...

A min ocórreseme pensar nunha carta bomba ou nalgunha correspondencia explosiva. Co uso é difícil que estea en semellante estado. Ou un carteiro cabreado, ou un veciño con impulsos destrutivos. A saber...
Apertas.

Mer dijo...

Este buzón é coma moitos corazóns... se está así de oxidado será porque hai tempo que nel non habita unha carta, xa non está ahí para recibir nada, o carteiro non chega a esta casa.

Anónimo dijo...

o igual é que o dono da caixa de correos prefire dar os bos dias ao carteiro... enton, para que aranxalo?

Anónimo dijo...

os buzóns tamén teñen dereito a sorrir, a sair de tapas, a contar o conto a bailar, a darlle ó cubata, á chegar á casa estrangallados, coma este, aínda que só sexa unha vez no ano.

Raposo dijo...

Para aclarar certas dúbidas que surxiron direi que a casa está habitada e ben coidada. O correo chega tódolos días e o carteiro, despois de cajarse na tos como dixo Torreira, mételle as cartas por debaixo dunha porta.
Agora ben, como acabou a caixa de correos nese estado é algo que non sei. Eu penso que foi un tractor que se arrimou demasiado: de tódos é sabido a querencia dos tractores por arrimarse as paredes.
Saudiños a tod@s @s que por aquí pasades.

vermella dijo...

Acabo de pasar uns días en Barcelona e visiteí o museo de Miró e de certo que hai arte nesta caixa,arte do abandono cun toque retro..........
bicos.

Unknown dijo...

pois eu creo que sei o que pasou....

resulta que o banco, fenosa, timofonica, e todas esas amigables compañias non deixaban de mandar spam, e decir correo non desexado e o dono instalou este filtro de correo, onde as cartas importantes chegan igual pero as indesexables coidanse moito de pasar por ali...


unha aperta raposo, está ben esta sección de denuncia grafica, gustei dela

Malaquita dijo...

Para mín é unha visión puramante cubista. Perfectamente podería estar nun museo importante. Coñecín a un poeta que fixo un experimento: deixou un paraugas sobre unha silla nunha das salas do Guggenheim. Ninguén se percatou de que non era unha obra de arte.

Pau dijo...

Un pouco desfeita, ainda que ben seguro que tes razón e alguen vexa beleza en esto

Anónimo dijo...

A min recórdame ás esculturas Op art...

"Segundo Asalto" volta de novo aos mundos cibernéticos!
Saudiños.

Anónimo dijo...

É un buzón con personalidade, que non quere ser confundido co resto, nada podemos reprocharlle. A vida tamén é arte.

Anónimo dijo...

Quero supoñer que o carteiro estará vacinado contra o tétanos, ¿non?

maxi dijo...

As caixas de correos teñen vida propia,seino ben,non preguntedes por que... E esta caixa xa faleceu hai moito tempo,o que estades a ollar son os seus restos mortais. Eche o que hai.....

Raposo dijo...

Maxi: ante un especialista en buzóns eu non teño nada que dicir.