Aínda un sorriso pode ser o tsunami
que venza a lei da gravidade
o longo das rúas molladas
e o prêt à porter dos escaparates.
Aínda os beizos regalan verbas ás que agarrarse
no remuíño deste martes noite
cando a cidade quebra de cansazo
e, sen caderno de bitácora,
eu navego polos arrabaldes
do territorio salvaxe dos teus peitos.
Aínda quedan promesas no amencer que virá
para poñer código de barras os soños
e metáforas de cor sepia
as fotos de perfil que xamais me sacaches.
Aínda os corazóns en xeonllos,
á beira do abatemento e o colapso,
recuperan sístole e diástole
para apostar dobre ou nada contra a tristura.
Aínda queda un berro que rachará as gaiolas,
un lóstrego espertando paixóns privadas,
e un recanto sen controis aduaneiros
onde atoparse dúos corpos espidos
e mirarse nas distancias curtas e recoñecerse.
23 comentarios:
Mi REVERENCIA laica y sentida, Raposo.
E aínda quedan persoas que escriben cousas tan bonitas como esta.
Encántame a túa poesía, é toda sensibilidade e esperanza. Preciosa.
Síntome moi identificada
pois viña darche as gracias e ao lerte máis gracias aínda, é incrible como as palabras ben colocadas che fan ver as cousas doutro xeito. Coma ra, aos teus pés. Bicos.
Un poema precioso...
É incrible o torrente de sensacións que nos pode transmitir o sorriso da persoa amada...
sobretodo nas distancias curtas
Aínda queda todo iso, o único que fai falta ás veces é que alguén o diga como o di vostede.
Doce e fermoso.
Só podo decir grazas ante tantos eloxios, e esperar seguir merecéndoos no futuro.
GRAZAS!!!
¿Ainda? ¿Como que ainda?
¡¡Iso é o único que queda, meu amigo!!
Ainda que ainda non o crean todos.
Fermosura de tempo parado nos corpos.
Felicitación, Raposo.
"Aínda quedan promesas no amencer que virá
para poñer código de barras os soños
e metáforas de cor sepia
as fotos de perfil que xamais me sacaches."
Aínda quedan moitas albas nas que deixar a belida amigo raposo... aínda..
Impresionante.
Claro que si!...AINDA (e sempre)
encantoume o texto... pero teño que admitir que a beleza visual da pintura me impactou antes de nada ;) xa se sabe que as cousas entran polo ollos, que diría algún.
Aínda, que non é pouco, Rafael.
Xurxocimadevila: aínda quedan moitas albas (a min cada vez menos, teño que reconecelo) que nos sorprenderán saíndo dos tugurios da Duquesa. Ti xa me entendes.
Sempre, Torreira.
Nébeda: gústache texto e pintura. Dobremente agradecido.
Unha aperta a tod@s.
Nunca se perde todo, sempre queda algo.
Beijosss.
:)
Estupendos os dous últimos versos.
Fermoso o teu canto á esperanza, ó movemento, á paixón, á liberdade. Encantador.
Bicos
Noraboa polo texto e polo blogue!
Som novata aquí.
Fermoso poema
carai! que preciosidade!!!! bikos!
Fermoso texto. Trouxéchesme á mente uns versos de Cohen:
"There is a crack, a crack in everything/ That`s how the light gets in". Esa fenda que hai por todas partes no que nos rodea, esa imperfección, é pola que entra a luz.
Aínda hai esperanza.
Pois claro que non está todo perdido, habendo cousas tan fermosas e xente que as conta tan bonito como as contas ti.
un saudiño.
segues ahí aullando ou agochado???
estás a deleitarme moito, agora non só coas túas verbas, tamén coas fotografías!!
bicos
Que lindo poema!
Estás feito um fenómeno!
Um beijinho!
Albagal: Benvida a esta cova.
Ricardo Arias: Que che recordase a Cohen éncheme de orgullo.
Grazas a todos-as polas verbas.
Publicar un comentario