Fun nomeado por Ninsesabe para facer un meme que se chama Passión Quilt e que non sei moi ben de que vai. Parece ser que hai que postear unha imaxe que nos importe ou apaixone especialmente e explicar porqué. Unha das normas do meme e convidar a outras personas para que sigan a cadea. Non farei tal pero si alguén quere coller o testigo que libremente o faga.
Puxen a palabra Quilt no traductor e saíume edredón e aínda entendín menos. Confeso que estiven a piques de sacar unha foto da roupa da cama. O final, creo que con bo criterio, puxen esta outra (unha vista, algúns xa vos decatariades, do canón do Sil na Ribeira Sacra) que me lembra a infancia, esa época de xogos e ilusións que quizais nunca debéramos superar.
Algunhas tardes cando era rapaz ía por carreiros que atravesaban devesas e toxais (que hoxe xa están intransitables) e chegaba a ladeira do monte de Barantes a unha zona chamada Reboredo. Alí sentábame nun penedo, entre carpazas e uces, e deixaba pasar o tempo ollando a natureza salvaxe e fermosa que me rodeaba: o canón do Sil en todo o seu esplendor, un mundo penedío de formas singulares e caprichosas, mitoloxía xeolóxica aloumiñando os sentidos e a imaxinación do neno que se desborda a procura de covas e tesouros agochados; algunhas viñas espalladas pola ribeira, Lobeiras, Emparadeada, o regato do Cachufeiro; ladeiras escarpadas, socalcos tecidos polo home as veces desafiando a mesma lei da gravidade, e o río Sil mais abaixo como unha fronteira onde o Casiano amarraba a súa barca de caracocha de castiñeiro como un xoguete fráxil e prohibido. Mais alá estaba Ourense e os “caldelaos rabudos”, regueiros que baixaban impetuosos e o Mosteiro de Santa Cristina regalando serenidade entre as árbores. Era fermoso deixar pasar o tempo así.
Daquela nada sabía das opas hostiles, dos atascos en hora punta, da dinámica de fluxos, da xeopolítica, da disfunción eréctil, das hipotecas. Tiña moitos soños e as únicas preocupacións era gañar o partido de fútbol do domingo ou as carreiras de bicicletas.
De cando en vez volvo a ese mundo e séntome nun penedo. As viñas fóronse abandonando case todas, onde antes medraban cepas agora prosperan silvas, fentos, xestas e sobreiras, e os antigos carreiros que tanto saben de cestos de uvas, de feixes de leña, de suor e faladoiros, están engulidos pola vexetación. Mais a vista segue a ser fermosa, o canón segue amosándonos a súa agreste fisionomía e o Sil segue alá abaixo coma sempre, un pouco mais orfo, eso si, porque xa hai anos que a barca de caracocha de castiñeiro do Casiano non está amarrada a súa beira.