sábado, 12 de diciembre de 2009

MALDITO NADAL


A este raposo cada vez lle amolan mais as festas do Nadal.
Cansado de tanta hipocrisía cristián, de aparentar que somos mais bos que nas outras épocas do ano; cansado de tanto consumismo, tanta dilapidación e gastos superfluos; farto de que os concellos queimen os cartos que non teñen en luces de cores; farto de beléns, de panxoliñas, de “Feliz navidad” e “mira como beben los peces en el río”; saturado do gordinflón de Papa Noel, dos Reis Magos, de renos e camelos; ata os collóns do anuncio de Freixenet, das colas en Toys’R’us, da lotería, dos agasallos de garabatas e frascos de colonia, da película “Que bello es vivir”, do discurso do rei; ata os collóns de tanta trapallada vou pecharme na cova deica que pase a barafunda, quitemos as carautas e as cousas volvan o seu rego.
En calquera caso, como o cortés non quita o valente aproveito a ocasión para desexarvos felices festas. Vémonos para o ano que ven (se Deus quere e o Demo non si opón) cando remate todo este rebumbio.

viernes, 27 de noviembre de 2009

"FUE EN UN PUEBLO CON MAR"


Compracendo xentís peticións vou falar un pouco do concerto de Sabina en Vigo. Esto non é unha crítica (nin eu a sei facer, nin sería obxectivo) senón unhas pinceladas sobre a actuación. Para que vos fagades unha idea, vamos!
Pasaban uns minutos das 21:30 h. cando empezou a soar un enlatado "Blues del Alambique" e a voz rota de Sabina fixo enmudecer o pavillón mentres unha pertinaz néboa envolvía o escenario. Cando se disipou foron entrando os músicos e o final Joaquin, traxe azul marino e o clásico bombín.
Os primeiros temas foron do seu último traballo: "Tiramisú de limón", "Viudita de Clicquot", "Parte metereológico", para despois ir alternando temas novos coas cancións de sempre, que a peña entregada coreaba con ganas.
Escenario sobrio quizais buscando a intimidade e a complicidade co auditorio, o que de certo conseguiu. O fondo un panel cunha cidade que se intuía bohemia, musical e acolledora.
Estaba cómodo o de Úbeda e notábase, dedicou os consabidos guiños o público e uns versos a Vigo; incluso se permitiu bailar (cun estilo simpático-canalla) nalgunha das cancións.
Tiráronlle un sostén que soubo poñer con gracia encima do bombín, e no fondo, arriba de todo, moi preto de min uns rapaces despregaban de cando en vez unha pancarta na que se lía: “Joaquinito mira y saluda”. Vale, non foron moi orixinais pero o que conta é a intención.
Con el fomos a Praga "a fundar una ciudad / una noche a las diez de la mañana". Soubemos que "las canciones de amor que no quisiste / andan rodando ya por las aceras"; que “la verdad es solo un cabo suelto de la mentira”; e que “hay mariposas de arrabal / que nunca aprenden a volar, / vinagre y rosas a la hora de cenar”.
Non podían faltar, claro, os temas de sempre: “Medias negras”, “Calle Melancolía”, “Y nos dieron las diez”, “19 días y 500 noches”, así como Pancho Varona e García De Diego facendo os seus pinitos.
Foi xeneroso cos bises e deixou para o final dous temas cañeros e cómplices como “La del pirata cojo” e “Pastillas para no soñar”, cando xa a maxia fixera subir moito a temperatura e as mans e os pés non podían estar quietos.
Botei de menos a voz feminina e sensual de Olga Roman (non veu nesta xira), e que non incluíra no repertorio dous temas do seu novo álbum: “Menos dos alas” e “Violetas para Violeta”.
Pero non se pode pedir todo ¿verdade?

*As fotos que saquei co móvil quedaron mal así que pillei esta pola rede.

martes, 24 de noviembre de 2009

ESTA NOITE, SABINA


Esta noite hai abordaxe de piratas;
esta noite non traballa a policía;
esta noite tomaremos os cubatas
na barra do bar de Calle Melancolía.

Esta noite blues, rumba, rock, bicos con sal,
vinagre e rosas, tiramisú de limón,
e Pancho Varona animando ó persoal
a pisar o acelerador do corazón.

Esta noite derrubamos as fronteiras;
esta noite as guitarras vencen ó fusil;
esta noite de novembro e de bandeiras
indultamos ó ladrón do mes de abril.

Esta noite non escapan os fuxitivos;
esta noite liberdade, sexo, loucura;
esta noite si que sobran os motivos
para facernos adictos a tenrura.

Esta noite ninguén se lembra da rutina;
esta noite tódalas mozas son princesas;
esta noite os versos dun tal Sabina
serán cancións no Pavillón das Travesas.

jueves, 19 de noviembre de 2009

RAICES DO PASADO IV: POEMA DE ESPERANZA PARA ORIENTE MEDIO

Aquí y ahora
“pido la paz y la palabra”
para esa maltratada tierra,
que las ventanas no se abran al vacío
de los B-52 incendiando
la noche infinita del Islam;
que un gesto o un grito
puedan parar la metralla,
la antigua agonía
de tanta sabia humana derramada,
tanta locura apoderándose
de un laberinto de arena
tanto desierto en algunos corazones;
que en el cielo de Oriente
los pájaros no acaben siendo
extranjeros entre dos odios
de misiles Skud y Patriot;
que haya un oasis
para los sueños de los niños,
y un pedazo de tierra
sin dictadores ni sicarios,
ni zonas ocupadas,
ni asentamientos ilegales,
ni jóvenes suicidas,
ni ejércitos invasores ,
ni ángeles de la guarda norteamericanos,
y un poco de ternura
y un mucho de esperanza
y que todos tengan un camino
libre y con futuro.


Esto escribino no 93. Daquela eran tempos difíciles para esa zona, pero as conversas e certo grado de entendemento entre Isaac Rabin e Arafat aportaban algunhas doses de esperanza. O asasinato de Rabin a mans do extremista Igal Amir fixo que ese principio de acordo se esborrallara.
Agora 16 anos despois case nada cambiou. Distintos actores representan o mesmo papel nesta película abocada o desastre e a desolación. E no horizonte o único que se albisca e a resignación do fracaso.

martes, 10 de noviembre de 2009

¡VADE RETRO!


Hoxe atopei esto na caixa do correo, é a segunda vez que mo deixan.
Moi bo, seica, este Maestro Cisse, e cunha garantía de 100% que nos tempos que corren é todo un luxo.
Agora ben, este tipo é un perigo público: ¡co traballiño que custa as veces desfacernos dela e ven este elemento e dí nos recupera a parella en 3 días!
¡¡Arre demo!!

martes, 3 de noviembre de 2009

SABINA EN VIGO


O 24 de novembro Sabina actúa en Vigo, no pavillón das Travesas.
Estades avisados.

miércoles, 28 de octubre de 2009

10 ANOS SEN ALBERTI

Rafael Alberti (16 diciembre de 1902 - 28 octubre de 1999)

SI MI VOZ MURIERA EN TIERRA
Si mi voz muriera en tierra,
llevadla al nivel del mar
y dejadla en la ribera.

Llevadla al nivel del mar
y nombradla capitana
de un blanco bajel de guerra.

¡Oh, mi voz condecorada
con la insignia marinera:
sobre el corazón un ancla
y sobre el ancla una estrella
y sobre la estrella el viento
y sobre el viento la vela!
(Marinero en tierra, 1925)



LOS ANGELES COLEGIALES
Ninguno comprendíamos el secreto nocturno de las pizarras
ni por qué la esfera armilar se exaltaba tan sola cuando la mirábamos.
Solo sabíamos que una circunferencia puede no ser redonda
y que un eclipse de luna equivoca a las flores
y adelanta el reloj de los pájaros.

Ninguno comprendíamos nada:
ni por qué nuestros dedos eran de tinta china
y la tarde cerraba compases para al alba abrir libros.
Solo sabíamos que una recta, si quiere, puede ser curva o quebrada
y que las estrellas errantes son niños que ignoran la aritmética.
(Sobre los ángeles, 1929)

martes, 20 de octubre de 2009

Palabras de sabios

Co paso do tempo un acaba por aprender certas cousas. A saber:
Que “lo bueno de los años es que curan heridas, lo malo de los besos es que crean adicción”, Joaquín Sabina dixit.
Que “solo se tiene la salud que se malogra y el dinero que se gasta”, Jose Luís Alvite.
Que “os que non temos plans para o futuro non nos veremos sorprendidos o día que o futuro non teña plans para nós”, Carlos G. Reigosa.
E que (esto dígoo eu) hai certas horas da noite nas que a preocupación mais importante, e quizais a única, que ten que ter un home é a de manter a bo nivel a súa mala reputación.


miércoles, 14 de octubre de 2009

MOTIVOS PERSOAIS


No número 14 da Travesía de Vigo hai unha cervexería, “La Poesía del Maestro”, que debeu pechar fai pouco. Hoxe pasei por aí e non puiden resistir a tentación de sacarlle unhas fotos co móbil ( a calidade non é moi boa) os carteis que ten posto con motivo do peche.
Podedes premer nas fotos para amplialas e ler mellor.
A poesía está copiada dun soneto de Sabina, titulado “Puntos Suspensivos”, que figura incluído no libro “Ciento Volando de Catorce” que o de Úbeda publicou no 2001.
Agora ben, as aberrantes faltas de ortografía corren a cargo do dono do local, un tal Moncho supoño.

lunes, 5 de octubre de 2009

WESTER V: CENTAUROS DO DESERTO


Para Steven Spielberg esta é “a mellor película da historia” e de cine este señor debe saber algo. Agora ben, habería que preguntarse en que condicións etílicas estaba o director de Indiana Jones cando fixo tal afirmación porque doutra maneira non se entende.
Certo é que moitas persoas considérana un dos cumios do wester pero para min está sobrevalorada e dende logo John Ford ten obras bastante mellores, como “A dilixencia”, poño por caso.
Un guión pouco crible con bastantes fallos e imprecisións; unhas casualidades esaxeradas que non veñen a conto; un ton cómico que flota o longo da historia, pero burdo e mesmo ridículo; a pésima caracterización do malvado xefe comanche Cicatriz; a caricaturesca relación amorosa entre Vera Miles e Jeffrey Hunter; hai escenas que son de chiste, como cando son perseguidos polos indios e cruzan o río (xamais os cabalos dos malos foron tan lentos), os tiroteos, a secuencia da fogueira na noite; personaxes que non acaban de definirse nin de desenrolarse.
Hai que recoñecerlle loxicamente as súas virtudes, como a estupenda fotografía, a acertada música de Max Steiner e algúns actores.
Mención aparte merece a excelente interpretación de John Wayne como Ethan Edwards, soldado confederado que, 3 anos despois de perder a guerra, regresa o seu fogar en Texas. Ó pouco unha tribo comanche asasina a súa familia e leva secuestradas a dúas sobriñas. Entón cheo de odio e vinganza emprende unha persecución que durará anos por un territorio extenso, inhóspito e violento.
Wayne interpreta unha personaxe complexa, lonxe do heroe valente e honrado que tantas veces foi. Desta é un perdedor, un home amargado e solitario, resentido e testán, racista e vingativo, que pode matar polas costas e mesmo por pracer. Semella que hai escuras razóns, que non rematan de clarificarse de todo, para esa persecución sen tregua.
E Ford que era un mestre coa cámara soubo sacarlle partido a esa actuación, ós xestos, á certas miradas. E por suposto que esa mestría tamén se nota nos planos, sobre todo de exteriores e nese intenso plano final no que Ethan marcha da casa, cara o deserto e a soidade da que el tanto sabe.
Quedo con eso e tamén con este diálogo:
Lars Jorgensen: “O meu fillo matouno esta terra. Podes crelo, Ethan, podes crelo. Foi esta terra...”
Mrs. Jorgensen: “Non digas eso. O que pasa é que nos vivimos aquí e Texas non é unha terra para ser habitada por seres humanos. Nin este ano nin o seguinte e Deus sabe cantos mais. Pero non creo que sexa para sempre. Algún día este país converterase nun lugar agradable onde se poderá vivir, aínda que tal vez os nosos osos teñan que estar enterrados para que eso ocorra”.
Mrs. Jorgensen tiña razón.

miércoles, 5 de agosto de 2009

MARILYN


Houbo un tempo no que o mundo xiraba o redor do lunar que Marilyn tiña na meixela esquerda; nunca un punto tan pequerrecho exerceu tanta fascinación.
Daquela Os cabaleiros preferíanas rubias e esa nena que algunha vez fora Norma Jean e agora era (e xa para sempre) a diva Marilyn deixábase querer Con faldras e o tolo.
Atrás quedaba un pasado escuro, unha familia rota (nai alcohólica, esquizofrénica, pai descoñecido), un camiño de casas de adopción, demasiada Néboa na alma. A infancia non a tratou ben pero a cambio os anos déronlle unhas medidas de infarto, unha sensualidade explosiva, unha beleza sideral. O que empezou como o soño erótico dos camioneiros americanos que levaban a súa foto pendurada na cabina, rematou sendo un dos mais grandes iconos do século XX.
Ela que sabía Como casarse con un millonario casouse cun empregado irlandés, cun xogador de béisbol e cun escritor, e os tres matrimonios foron un fracaso. Din que con 8 anos o caseiro quixo violala (porque ese bruto xa intuía daquela que A tentación vive arriba) e que ese feito traumatizouna de por vida. Demasiados homes sen escrúpulos percorreron a súa pel e deixaron lascivia e cicatrices sen curar nesa rubia desvalida.
Cando en 1953 puxo as súas pegadas no cemento da entrada de Hollywood Boulevard quizais pensou que as Luces das candeas que a rodeaban taparían as feridas desa Vida rebelde, desa adolescencia desgarrada e triste. Pero o pasado non é un Río sen retorno, nunca se vai de todo, e A xungla de asfalto e de glamour non puido facer esquecer os anos grises que volvían como un Niágara violento, como unha fervenza atronadora.
“Non quero que me comprendan. Quero que me queiran”, dixo nunha ocasión. Quizais por eso pese a fama, o diñeiro, a admiración, as amizades famosas, os coqueteos Jhon F. Kennedy (O príncipe e a corista fronte a fronte), pese a ter o mundo os seus pes, Marilyn seguía sendo unha nena fráxil e desamparada, cada vez mais perdida nos remuíños da depresión, cada vez mais dependente dos barbitúricos nas súas crises emocionais.
Ata esa madrugada na súa casa de Brentwood, o 5 de agosto de 1962, en que lle sorriu o Nembutal e se deixou ir, espida e soa, e cun teléfono descolgado balanceándose inutilmente o lado da cama, o derradeiro intento dunha chamada de socorro que ninguén chegou a escoitar.




Algúns falaron de asasinato, de conspiración: demasiadas incógnitas que descifrar nesa noite, unha autopsia con moitos puntos escuros, o FBI borrando as cintas das súas chamadas telefónicas, o clan Kennedy polo medio, todos moi interesados en botarlle terra o asunto canto antes. O halo de misterio non fixo senón engrandecer a súa figura.

Estas fotos foron tomadas polo fotógrafo Bert Stern poucos días antes da morte da actriz. Nelas sae con ese costurón, resultado dunha recente operación de vesícula. Xamais Marilyn, a deusa, ofrecera unha imaxe mais a ras de terra, mais tenra, mais humana.
.

miércoles, 29 de julio de 2009

WESTER IV: SEN PERDÓN


Schofield Kid: “¡Meu Deus! Non me parece real. Xamais volverá a respirar, xamais. Está morto e o outro tamén. E só con apertar o gatillo.”
William Munny:
“Matar a un home é algo moi duro. Quítaslle todo o que ten e todo o que podería chegar a ter.”
Quen di esto fala con coñecemento de causa. William Munny (Clint Eastwood) é un tranquilo granxeiro viúvo e con 2 fillos, pero no pasado foi un ser violento e depravado, un desapiadado asasino que mataba mulleres e nenos e que acadou a redención e volveu o rego do bo camiño grazas a súa dona.
Agora as dificultades económicas lévano a facer un último traballo polo que ofrecen unha boa recompensa: matar a dos vaqueiros que lle cortaron a cara a unha puta en Big Whiskey, Wyoming.
Acompáñano na aventura Ned Logan (o sempre magnífico Morgan Freeman) e un xoven pistoleiro Schofield Kid (Jaimz Woolvett, que xa colaborara con Eastwood en “O fora de lei”. Andan tamén por aí outros actores de peso como Gene Hackman e Richard Harris.
Si hai alguén que revitalizou o xénero do wester ese é Clint Eastwood. Primeiro as ordes de Sergio Leone e mais tarde xa como director/actor con películas como Inferno de Covardes (1972), O fora da lei (1976), O xinete pálido (1985) e Sen perdón (1992). Esta última unha auténtica obra mestra.
Sen perdón desmitifica o vello Oeste. É esta unha película de antiheroes, de falsos pistoleiros medio cegos, de ex-pistoleiros auténticos vellos e cansos, de sheriffs autoritarios e sádicos, de armas que se encasquillan, de prostitutas solidarias.
Unha reflexión sobre a violencia, quizais sobre a inutilidade da violencia.

Todo encaixa a perfección: guión axeitado e coherente; unha fotografía brillante a veces, sombría outras, sempre sublime, con planos que rozan o lirismo; implacable caracterización das personaxes que acadan mais e mais profundidade conforme avanza o film; magnífica interpretación dos actores; dirección, banda sonora. Todo encaixa.
Eastwood, que empezou sendo no espaguetti-wester o Home sen Nome (un mozo cun poncho) foi madurando cos anos e fíxose mais duro e mais sabio e, xa como William Munny, marcha de Big Whiskey na noite baixo a choiva, só, vello pero non vencido. Atrás deixa unha aura de medo pero tamén de respeto e admiración. A mellor homenaxe que o xenial Clint lle podía facer o wester, o cine.

lunes, 6 de julio de 2009

IMPRESOS BILINGÜES


Este que vedes aquí é un impreso que dan nos cuarteis da Garda Civil para a solicitude ou renovación de armas de fogo. Como podedes apreciar (pinchar na imaxe para ampliala) está en castelán e na zona superior di: “En la parte opuesta lengua gallega”.
Vale, impreso bilingüe. Deámoslle a volta, pois.



Contra, pero si tamén está en castelán! Cuspidiño, cuspidiño o da cara A. A única diferencia (pinchar na imaxe para ampliala) é que na zona superior pon: “En la parte opuesta lengua castellana”. Coño, e nesta tamén, digo eu!

¿Será esto ó que Feijoo lle chama bilingüismo harmónico?
¿Ou será unha falcatruada mais de actual Xunta de Galicia na súa teima de persecución e asoballamento da lingua galega?
Queren sacar ó galego do sistema educativo, dos exames das oposicións e polo que se ve tamén dos impresos, neste caso coa desinteresada colaboración da Garda Civil, sempre o servicio do pobo.

lunes, 29 de junio de 2009

BLAS DE OTERO


Os 30 anos da súa morte quero lembrar nesta cova ó poeta que pediu a paz e a palabra, ó poeta que cambiou tódolos seus versos por un home en paz, ó poeta do desarraigo pero tamén do encontro e a esperanza, ó poeta da inmensa maioría, ó poeta que atopou ós homes mentres buscaba á Deus.
Falo de Blas de Otero.


BIOTZ-BEGIETAN
Ahora
voy a contar la historia de mi vida
en un abecedario ceniciento.
El país de los ricos rodeando mi cintura
y todo lo demás. Escribo y callo.

Yo nací de repente, no recuerdo
si era sol o era lluvia o era jueves.
Manos de lana me enredaran ,madre.
madeja arrebatada de tus brazos
blancos, hoy me contemplo como un ciego,
oigo tus pasos en la niebla, vienen
a enhebrarme la vida destrozada.

Aquellos hombres me abrasaron, hablo
del hielo aquel de luto atormentado,
la derrota del niño y su caligrafía
triste, trémula flor desfigurada.

Madre, no me mandes más a coger miedo
y frío ante un pupitre con estampas.
Tu enciendes la verdad como una lágrima,
dame la mano, guárdame
en tu armario de luna y de manteles.

Esto es Madrid,me han dicho unas mujeres
arrodilladas en sus delantales,
este es el sitio
donde enterraron un gran ramo verde
y donde está mi sangre reclinada.

Días de hambre, escándalos de hambre,
misteriosas sandalias
aliándose a las sombras del romero
y el laurel asesino. Escribo y callo.

Aquí junté la letra a la palabra,
la palabra al papel. Y esto es París
me dijeron los ángeles, la gente
lo repetía, esto es París. Peut être,
allí sufrí las iras del espírito
y tomé ejemplo de la torre Eiffel.

Esta es la historia de mi vida,
dije, y tampoco era. Escribo y callo.




CAMPO DE AMOR (Canción)
Si me muero que sepan que he vivido
luchando por la vida y por la paz.
Apenas he podido con la pluma,
apláudanme el cantar.

Si me muero será porque he nacido
para pasar el tiempo a los de atrás.
Confío que entre todos dejaremos
al hombre en su lugar

Si me muero ya sé que no veré
naranjas de la china ni el trigal.
He levantado el rastro, esto me basta.
Otros ahecharán.

Si me muero, que no me mueran antes
de abriros el balcón de par en par.
Un niño, acaso un niño, está mirándome
el pecho de cristal.

miércoles, 24 de junio de 2009

COMO VEÑA UN VENTO FORTE

Este domingo estiven de sendeirismo polas fragas do Eume. Poderíavos poñer aquí unha foto das susoditas fragas, das ladeiras do Eume, do mosteiro de Caaveiro, dalgunha fervenza... pero o mais curioso que vin foi esto: un canastro desafiando a lei da gravidade, esforzándose por manter o equilibrio, agarrándose con unllas e dentes (é un dicir) ás pedras que lle serven de soporte, ó mesmo aire. Eso ou unha nova tendencia de arquitectura etnográfica, que tamén pode ser aínda que eu non lle acabo de atopar moita utilidade.




Podedes premer nas fotos para velas ampliadas. O hórreo está na aldea de Teixido, concello de A Capela.

jueves, 18 de junio de 2009

ATALLOS A NINGURES

non é necesario andar as présas
para alcanzar o sendeiro que buscamos,
tampouco poden atoparse nas restrebas
as cifras e as espinas
que deteñen os ordenadores.
todo está escrito no péndulo dos anos
que turran por nós
mentres o vento debuxa nubes no ceo
e os paxaros xogan a esconderse entre as árbores.
quizais non sexa tan dura a caída
si sabemos que non é a viaxe o que importa.
é a voz a que lle bota un pulso as estrelas nómadas,
permítenos nadar contracorrente,
espantar os meigallos
e quedarnos fora da bruma
canto a liorta ameaza con estenderse
e o po do camiño
non é mais que unha escusa
para seguir utilizando os atallos
que levan a ningures.

martes, 9 de junio de 2009

TIANANMEN 89



Fai uns días cumpríronse 20 anos da matanza de Tiananmen. Debido a censura é o hermetismo informativo do réxime comunista aínda hoxe non sabemos con exactitude canta xente morreu. Algunhas organizacións como a Cruz Roxa falan de 3000 mortos, incluso mais; os servicios secretos norteamericanos calculan entre 450 e 600; o goberno chino so admite uns 200. En calquera caso foron moitos, demasiados. E nos días posteriores a brutal represión prolongouse con encarceramentos, xuízos sumarios e execucións. Na actualidade aínda segue xente no cárcere por participar nas protestas.
E no medio de toda aquela desfeita unha foto deu a volta o mundo: un home xove, pantalón negro, camisa branca, con dúas bolsas na man, detendo o avance dos tanques.
Deste ser anónimo nunca mais se soubo. O mais probable é que fora fusilado, e enterrado ou queimado o seu corpo. Nin sequera sabemos o seu nome pero a revista Times considerouno unha das 100 persoas mais influentes do século XX e a súa imaxe de rebeldía xa forma parte da memoria colectiva.
O que para o resto do mundo representa un símbolo, en China parece non existir. A censura oficial e o aparato do partido encargouse de borrar o recordo e tódalas pegadas desa luctuosa e criminal masacre. Deso non se fala, non sae nos medios, non figura nos libros de historia, non hai fotos. Moitos dos mozos chineses ignoran todo o que pasou.
China estase a converter nunha gran potencia pero as carencias democráticas seguen asoballando a poboación. Aínda hoxe o réxime represivo de Hu Jintao prohibe celebrar actos de homenaxe en recordo das víctimas. Pretende dar unha percepción de modernidade, de normalidade (xogos olímpicos de Pekín, colorido, festas, avances tecnolóxicos, sorrintes xestos en encontros bilaterais, turistas na Gran Muralla ...).
Para min a verdadeira imaxe de China segue a ser esta: a dun home só, desarmado, enfrontándose a barbarie.

sábado, 6 de junio de 2009

miércoles, 3 de junio de 2009

BLOG MANEIRO


Teño unha conta pendente con Hadex (dende hai semanas) e con Paidovento. Os dous me agasallaron co premio de Blog Maneiro, que debe significar algo así como blog xeitoso. Moi agradecido.
O asunto ten unhas normas que paso a transcribir:
1- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”. (Feito)
2- Exhibir o nome do blog que concedeu o premio. (Feito)
3- Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros. (Moitos dos blogs que visito habitualmente xa foron premiados así que vou nomear so tres)
4- Comunicar o premio os blogs seleccionados. (Considero que non é preciso, xa se enterarán eles)
5- Publicar as regras. (Feito)
6- Vixiar que os blogs premiados seguen as normas. (Innecesario, e en todo caso xa temos bastantes vixiadores nesta sociedade)

E os agraciados son:
Chousa, polo armadanzas que é; Torreira, porque sei que non lle gustan os premios; e a Doutora, porque sempre é convinte levarse ben con esa tropa.