Camiñando por Cotobade atopei esta urna supoño que para o referendo do día 1 e o banco será para sentarse e reflexionar.
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
domingo, 24 de septiembre de 2017
martes, 29 de agosto de 2017
A balada triste do labrador (en Sober)
Segunda entrega do Cancioneiro Labrego de Sober: "A balada triste do labrador", interpretada polos Parentes.
Vou a gabea
e rómpeme o legón.
Vou rozar
e pícome cos toxos.
Subo a parra
e deixo todo a cotón,
a cotón, a cotón.
Ai Casiano, ai Casiano,
que mal che empeza este ano!
Vou rozar
e pícome cos toxos.
Subo a parra
e deixo todo a cotón,
a cotón, a cotón.
Ai Casiano, ai Casiano,
que mal che empeza este ano!
Quero ir a sacha
pero non teño
petola.
Busco leña para o
lume,
só atopo garabullos.
Ás dúas vou xantar
e non hai nada na cazola,
na cazola, na
cazola.
Ai Xavier, ai Xavier,
qué triste é ser
pobre en Sober!
Ceibei as vacas
e abeiroume a
Marela.
Fun pagar o censo
e perdín o autobús.
Logo fun a seitura
e corteime na canela
na canela, na
canela.
Ai Marcial, ai
Marcial
a vida na aldea está
moi mal!
Fun tornar a auga
e molleime no
lameiro.
Fun por unha empaca
de herba
e mexárana os cans.
Quixen botar un
cigarro,
non acendeu o
chisqueiro
o chisqueiro, o
chisqueiro.
Ai Nicanor, ai
Nicanor,
qué dura é a vida do
labrador!
Ai Casiano, ai Casiano,
que mal che empeza este ano!
Ai Xavier, ai Xavier,
qué triste é ser pobre en Sober!
Ai Marcial, ai Marcial,
a vida na aldea está moi mal!
Ai Nicanor, ai Nicanor,
qué dura é a vida do labrador!
Ai Asunción, ai Asunción,
bota un pouco de viño no porrón
porque se vai rematar esta canción,
porque se vai rematar esta canción,
porque se vai rematar esta canción!
Chis pon.
jueves, 10 de agosto de 2017
Premio Feliciano Rolán
O xoves, 3 de agosto, estiven na Guarda recollendo o premio que tiveron a ben darme no Certame de Poesía Feliciano Rolán polo poema Náufragos da cidade, unha historia de perdedores.
NÁUFRAGOS DA CIDADE
Todo o pasado cóllelles nas mans:
falo dos sorrisos azuis dos nenos,
dos
soños que non coñecían as engurras,
da
ilusión que coma miúda poalleira
nas
paredes da infancia se pousaba.
Todo
o pasado cóllelles nas mans:
falo
do amor e da maxia da carne,
falo
da amizade, sedutora, bébeda,
e
de espertar sentíndose donos
do
sol, do monte e das raíces.
Todo
o futuro cóllelles nas mans:
tamén
as feridas sen curar, o barro
que
enchoupará os ollos,
as
urbes que irán abandonando
coa
herdanza de débedas e sobresaltos,
a
xenreira, o vómito, o cansazo,
a
pistola que un día levantará
a
tampa asustada dos seus miolos.
Porque
levan moito tempo
con laios nos beizos
pisando alcatrán húmido;
moito tempo suando sangue
no campo de batalla
baixo a alongada sombra
dos rañaceos e teñen
unha dor que fica estancada,
como unha tatuaxe no peito.
Son, certamente, rebeldes
con causa erguendo bandeiras
no medio de cidades desoladas.
Por iso, ás veces, hai demasiado ferro
no cerne das súas verbas.
Por iso, ás veces, rúbricas ardentes
poñen punto final aos seus nomes.
Porque
non
son fillos de deuses;
nos
seus xenes milenarios
amoréase
a cobiza, o desacougo,
o
medo á soidade da noite
cando
as árbores eran fogar e refuxio
e a
choiva tiña un arrecendo a misterio.
Non
forman parte das lendas,
non
hai milagres no pasado que teñen,
os
nenos non aprenderán os seus nomes.
Amósalles
o espello unha face gris,
cansa,
a ollada perdida en ningures,
detrás
das reixas dunha gaiola
de
inquedanza e monotonía.
Porque
non son fillos de deuses
non
quedará lembranza do seu paso,
a
historia borraraos coma o tempo
borra
as pegadas na neve,
venceraos
o vento coma unha folla murcha
e
caerán amodo, sen moito balbordo,
no
derradeiro pozo escuro do esquecemento
onde
rematan por esfacharse os soños
que
non teñen terreo de esperanza ao que termarse.
jueves, 1 de junio de 2017
O Rock da arrinca do esterco
Carro cargado con esterco. Foto de Antonio Rodríguez Díaz, de Torbeo
Vou ir poñendo aquí as letras dunhas cancións da miña autoría que forman parte do Cancioneiro Labrego de Sober e que o grupo musical Os Parentes teñen a ben cantar nas súas actuacións.
Empezo
con “O rock da arrinca do esterco”, unha lembranza a esta faceta agrícola, tan
traballosa ela.
O ROCK DA ARRINCA DO ESTERCO
Arrincando
no esterco
alá polo abril,
unha corte escura
e luz de candil.
O teito era baixo,
o carro era vello;
non me remexía
naquel cortello.
Fora ía frío
e tamén chovía
na
arrinca do esterco
da tía María.
Arrincando
no esterco
un
día de verán,
ás
tres da tarde
e o
sol a quentar.
Eu
súa que súa,
ai,
que diaño!
Xa
non podía
nin
co picaño.
Me
cago no mundo!
Me
cago na tos!
A
arrinca do esterco
en
Gundivós.
Rock, rock, rock.
Rock, rock, rock.
Rock da arrinca do esterco,
Rock do labrador.
Arrincando no esterco,
mediados de novembro,
no curral do cura
e ben que me lembro.
Estrume de ovella,
enxoito e desfeito;
carro con canizas
e premendo a eito.
Barullo no sobrado,
fun ver que pasaba,
e alí estaba o crego
enriba da criada.
Arrincando no esterco
no mes de xaneiro,
carambelo, xeada,
lume no caldeiro.
Eu coa xugada
e na corte o Andrés,
non daban quecido
as mans nin os pés.
Esvarei no chan,
caín de fociños.
O que hai que facer
pra
gañar os cartiños!
Rock,
rock, rock.
Rock,
rock, rock.
Rock
da arrinca do esterco,
Rock do labrador.
Bis
Déixovos este vídeo: a imaxe non é boa pero o son pode pasar.
Etiquetas:
Coa música a outra parte,
Persoal e (in)transferible,
Sober
domingo, 21 de mayo de 2017
Exposición na Casa da Cultura de Monforte
A Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos acolle unha exposición dedicada a 26 escritores da comarca de Lemos
Un pracer e un orgullo compartir exposición e cartel con persoas da talla literaria de Olga Novo, Xabier Quiroga, Manuel María, Lois Pereiro, Xosé Lois García......
Un pracer e un orgullo compartir exposición e cartel con persoas da talla literaria de Olga Novo, Xabier Quiroga, Manuel María, Lois Pereiro, Xosé Lois García......
martes, 16 de mayo de 2017
sábado, 4 de marzo de 2017
Rosalía
Dende aquí vexo un camiño
Dende
aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n'o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas... ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunca máis me atopar...
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.
Como non lembrar aquí nesta cova a insigne Rosalía!!
domingo, 26 de febrero de 2017
lunes, 2 de enero de 2017
domingo, 1 de enero de 2017
1 de xaneiro
"El primero de enero, tararí,
será tan gris como un jueves cualquiera,
sin Drácula escalando el Pirulí
ni marcianos cruzando la frontera."
Joaquín Sabina
martes, 13 de septiembre de 2016
Políticos e cueiros
Como andamos en época de eleccións (ben, levamos así todo o ano) non está de máis lembrar aquí una frase de Bernard Shaw, ese lúcido escritor irlandés.
domingo, 3 de julio de 2016
Izan o da saca: Xavier Quiroga
Veño de mercar o último traballo de Xavier Quiroga na Feira do Libro de Vigo. Con Xavier coíncidín no IES Rio Cabe de Monforte, en COU creo; xa daquela apuntaba maneiras. Se ledes o título ao revés entendederes mellor de que vai a cousa.
martes, 17 de mayo de 2016
Lembrando a Manuel María
Neste Día das Letras Galegas adicado a Manuel María eu tamén quero contribuír cun humilde sonetíño. Os mais coñecedores da súa obra decataranse de que usei algún título dos seus libros para encher os versos. Tamén iso forma parte da homenaxe.
LEMBRANDO A MANUEL MARIA
Se digo Manuel, digo liberdade,
home da Terra Chá, bandeira e norte,
Saleta, mestre, Xistral en Monforte
coa man tendida sempre a irmandade.
Se digo María, lembro ao poeta,
muiñeiro de brétemas, mes de advento,
cancións do lusco ao fusco co alento
de quen foi para nós camiño e meta.
Cecais hai unha luz na noite escura,
luz que nos leva na túa procura
pois a loita segue, Manuel María.
Dános a forza, líbranos do pranto,
nesta Galicia que quixeches tanto
dános o poema teu de cada día.
sábado, 7 de mayo de 2016
Devastación
"Todo pende de que un día
en vez de neste campo de papoulas,
a alma da bolboreta se pouse
nunha inmensa chaira de cardos mortos."
Xavier Seoane, do libro "Do ventre da cóbrega"
jueves, 5 de mayo de 2016
Tempo de dúbidas
"Ni me creo en posesión de la verdad, ni me supongo sabio, pero me llena de orgullo el saberme inmerso, de hoz y coz, en la duda, que no es mal sino muy honesto camino".
Camilo José Cela
domingo, 20 de marzo de 2016
Masculino singular de Carlos Negro
Di a contraportada que Masculino singular de Carlos Negro "é un corte de sangue no medio do afeitado... Tamén é un diario íntimo que reclama tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.
Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio."
Concordo.
Concordo.
martes, 9 de febrero de 2016
Cousas da lei
Billy O Neno (Kris Kristofferson), na película do ano
73 de Sam Peckimpah, dicía que “ a lei é unha cousa curiosa”. Non lle faltaba
razón.
En Madrid, dous titiriteiros que representaban unha
obra, aceptémolo, de dubidoso gusto e na
que saía un cartel no que se podía ler GORA ALKA ETA, foron metidos no cárcere
inmediatamente por enaltecemento do terrorismo.
En Barcelona, se cadra xa outro país, un profesor acusado de abusos sexuais a menores durante 30 anos foi
posto en liberdade provisional polo xuíz, a pesares de que o detido recoñeceu e
asumiu os feitos.
A min que alguén mo explique porque eu non o entendo.
Si Billy, no 2016 a lei segue sendo unha cousa ben
curiosa.
Etiquetas:
Curiosidades,
Política e outras malas herbas
lunes, 1 de febrero de 2016
Tempo de ler
Agora que xa pasaron as festas de Nadal, o rebumbio
das eleccións, a arroutada das rebaixas, a costa empinada de xaneiro, agora que
chegou febreiro coa súa dose de normalidade supoño que atoparei tempo para
empezar a ler estes libros que teño pendentes.
lunes, 18 de enero de 2016
AXUSTE DE CONTAS
Como un golpe de mar
na metade da fronte,
como un golpe de mar
cando os mariños poñen rumbo
ó corazón da noiteboa.
Polos meus ollos voaron bolboretas azuis
que despois se desfacían
contra as hélices dos avións
que sucaban o ceo encapotado do futuro.
Unha fumareda envolve os dedos
das malditas madrugadas
nun axuste de contas comigo mesmo.
A infancia saloucando polas congostras,
a infancia convertida en cinzas,
coma o cadáver dun animal
sacrificado no lume dos antigos deuses,
cando os reis magos
non puideron
chegar a tempo
porque trabucaron o camiño
e acabaron indocumentados
delirando en calquera comisaría,
e a carón do presebe
só queda o recendo da morriña,
do que puido ser e non foi,
e un cartel na
porta
de “Pechado por reformas”.
(Este poema foi premiado no Certame Literario Revista A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, Becerreá)
(Este poema foi premiado no Certame Literario Revista A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, Becerreá)
miércoles, 6 de enero de 2016
A fala. Manuel María
Xa que o
Día das Letras Galegas 2016 estará
dedicado a Manuel María, inicio o ano cun poema deste poeta chairego no que fai
unha defensa acendida da nosa lingua, esa que el tanto amou.
A
fala
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















