"Sempre houve estremas
mas antes os pastores nâo davam
descargas elétricas".
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
vivo a
carón dun mar oxidado
as
ondas nos días de temporal
lamben
con sal as vellas feridas
desta
cidade habitada por náufragos
que
saen á procura dun licor escuro
entre
os círculos da noite
unha
toponimia do abandono bate nela
un
tremor no pulso que nos avisa
da
fatiga dos materiais
e
delata que non hai abrigo
nin
redes xeodésicas
para
soportar tanto inverno
e que
o sangue non é suficiente
para
protexer un corazón
que
camiña
inexorablemente
cara ó
infarto
Do libro "Nas esquinas do frío"
loitaron desde sempre
desde dentro
en campo aberto
e corpo a corpo
avanzaron e recuaron
pelexando por cada
centímetro cadrado de pel
ninguén deu o seu brazo a torcer
non se decataron de que hai guerras
que só gañan os desertores
Do libro "Nas esquinas do frío"
Imaxen: "Duelo a garrotazos", cuadro de Goya
reclamo as débedas
da vida
o dereito a cobrar
(xuros incluídos)
por cada cita
anulada
por cada sábado
lamacento e encorado
que se consumiu nun
tedio de pretérito imperfecto
esixo que se me
remunere
(tendo en conta
atrasos e trienios)
polos invernos que
non xeou
polos aniversarios
esquecidos
polos espertadores
que non soaron
ou soaron tarde e
mal
ou fuxiron co seu
enigma ó lombo
ó outro lado do
almanaque
preciso eses cartos
para sacar o
billete
que me leve fóra do
labirinto
desta vida agromada
a contra pé
Do libro "Nas esquinas do frío"
viñan
de lonxe
coa
inseguridade propia
dos
que se senten desprazados
traían
na mirada un paxaro de medo
esa
molesta sensación de febre e desorde
fuxían
dos anzois que pexan o futuro
dos
vértices da gaiola dese deserto infindo
áspero
coma a monotonía dos días
onde
se enterraron tantas bágoas
sen que
nunca florecera un bo desexo
amoreados
na fráxil barcaza
compartían
esperanza e sede
non
sabían non
podían saber
que as
augas do Mediterráneo eran tan escuras
Do libro "Nas esquinas do frío"
devecía
polos solpores e algunhas noites
sentábase
a contar estrelas
errático fugaz incomprendido
espantaba
as sombras
que o
querían afogar nun vaso de auga
gustaba
dos espellos
os
reloxos de area
os
labirintos
as
mitoloxías nórdicas
bebía
para non esquecer
berraba
para non sentirse tan illado
experimentou
o sabor do desterro e o fracaso
experto
na arte da negociación
nunca
conseguiu chegar a un acordo
bo coñecedor
dos camiños
desconfiaba
dos atallos
era
inofensivamente perigoso
escribiron
sobre el e nunca o soubo
un día
antes quedárase sen coartadas para malvivir
Do libro "Nas esquinas do frío"
Desbaldir: gastar millóns e millóns de euros na busca vida intelixente
noutros planetas cando aínda non estamos seguros se existe neste.
como unha brisa
fresca
con reflexos de
luceiros
o ritmo dos seus
tacóns
desorientou ó
disc-jokey
quixo chamala
pero xa se perdera
no tobogán da pista
de baile
outra noite perdida
agora nin o alcohol
serve de coartada
Do libro "Nas esquinas do frío"
furando polas regañas do calendario
non esperes choros nin despedidas
nin sequera un húmido bico
que lle dea sentido a este escuro
e ardente desexo
porque son silandeiro
esvaradío e furtivo
faite á idea
de que cruzarei pola túa vida
sen demasiada pegada
Do libro "Nas esquinas do frío"
poida que ti sexas un tipo
duro
aínda que nunca pisases
Tombstone ou Dogde City
nin defendeses dilixencias
Winchester en man
nin chegases a cabalo á última
fronteira
alí onde os apaches entoan
cantos de guerra
e bailan con furor arredor do
lume
sabes sobrepoñerte ás crises e
ós estremecementos
baixo a pel curtida de
fracasos e agravios
un inverno en paro en Vigo
pode ser tan frío
como nas Rocky Mountains
e as hipotecas tamén traen un
medo afiado entre os dentes
nesta cidade fundida os días
van caendo
como fichas de dominó
as facturas e os vexames son
coma unha tormenta
que axota ás árbores da
avenida
e fai poñer cara de póker nas fotografías
de carné que amarelan nos
bolsos
si
ti
tamén podes ser un tipo duro
aínda que nunca disparases
sobre Liberty Balance
son
tempos escuros
ouvean
os lobos
á
sombra dos portais
o desleixo
é máis ca unha palabra
pesa
como podía pesar un aeroplano
aquí
están os edificios
nos
que malvivimos
chantados
sobre areas movedizas
baixo
un ceo intruso
soportando
fogo inimigo
e o
aire que podrece nos pulmóns
as
apertas non curan a soidade
e
apoiando a orella no peito
só
escoitamos
o
brutal silencio da desfeita
Saturno
segue devorando ós seus fillos
Do libro "Nas esquinas do frío"
miráronse de fronte
sen palabras
nada tiñan que
dicir
fóra o mundo desfacíase
como un castelo de
area
ía frío e nos
camiños
borrábanse as
pisadas
os que teñen barro
nos ollos
un día pestanexarán
e dominarán ás
estrelas
Do libro "Nas esquinas do frío"
camiñar sobre o
gume das nubes
bonecas nos
corredores
promesas esquecidas
o queixume do serán
un feitizo en 3D
un libro
un estouro
ningunha randeeira
retorno á infancia coas
ás do desexo
outra vez mans de
terra
portas que renxen
derradeira orde
beizos a piques de
dicir algo
miradas que non
están de rebaixas
enxoval da memoria nos
soutos do alén
vento mareiro
deuses en fóra de
xogo
reviravoltas na
busca da claridade
overbooking nas
encrucilladas
caos
na pálida xeografía
do presente
caos
pequenas coartadas da vida
para quen non ten máis recursos
que estes días grises
e sobre a corda frouxa dos propios erros
soamente é dono dos seus silencios
Do libro "Nas esquinas do frío"
correr en zigzag non esquiva as
frechas
a nostalxia non debe facernos
perder
de vista a diana
nas dársenas das cidades
os mariñeiros aprenden a ser
corsarios
mentres a area opresiva medra
nas fendeduras do abandono
volve o home ser forasteiro
cun cartafol de morriña baixo
o brazo
escribir é como camiñar
á beira dun precipicio
Do libro "Nas esquinas do frío"
cada noite ten o
seu pasadizo secreto
no que se escoita
un saxofón doente
un cabalo desbocado
cara á multitude
unha pistola
disparando contra a eternidade
unha ferida
subterránea
iso é o frío
mentres o silencio
queima na gorxa a
media voz
na angustia desta
chousa desolada
as manchas fan incertas
as estremas
preto da alba
antes de emprender
o camiño de volta
ensaio un último
berro
con premeditación e
aleivosía
Do libro "Nas esquinas do frío"
ti les un manual de
supervivencia
para os cazadores
de recompensas
mentres eu pregunto
onde
enterramos os nosos
xoguetes
agora que case non
recoñezo
as miñas lembranzas
esta tarde tan só
se admiten
proposicións serias
a querela dun
suicida
que trae o sámago
entre os dentes
desconxelar versos
do frigorífico
ou saltar pola
xanela
á procura do pasado
agora que están
parados
tódolos reloxos
Do libro "Nas esquinas do frío"
descalzarse ó pé da
letra
desconfiar dos
cabos soltos
medir o peso da
neve
respirar coa man no
lume
esquivar as portas
de emerxencia
escoitar facendo
oídos xordos
esperar coma se os días
tivesen présa
descifrar unha
páxina en branco
calcular o
sufrimento dun asteroide
rescatar un boca a
boca
escribir discursos
para non quedarse
nos ósos
pescudar nos
efectos secundarios
exiliarse
pagar en efectivo
Do libro "Nas esquinas do frío"
“Só é poesía aquela que non
busca victorias, só será poesía aquela que non afogue nas derrotas. Só é poeta
o que busca liberarse de si mesmo. Só será poeta quen o conquira.”
Xela Arias