martes, 9 de diciembre de 2008

JOAN BAPTISTA HUMET


Joan Baptista Humet xamais foi un cantante de moda, nunca arrastrou multitudes pero desde finais dos 70 ata mediada a década dos 80 colleitou certo éxito con temas como: Despiértame al amanecer, Cosas de allá, Que no soy yo, Un barrio, A ese niño, Terciopelo, Hay que vivir e sobre todo Clara, quizais a súa canción mais emblemática.
Foi cara o 86 cando deixou a música e non volvería a publicar nada ata o 2004, ano en que sacou un novo traballo titulado: Solo bajé a comprar tabaco.
O seu estilo intimista, realista e honesto a hora de cantar achegouno a xente; historias sinxelas, humanas, cancións agridoces as que lles soubo dar un toque de tenrura para facelas cálidas.
Joan Baptista Humet morreu o pasado 30 de novembro, víctima dun cancro de estómago. Conservo dúas cintas del, unha está soando mentres escribo estas liñas. Xamais foi un cantante de moda, quizais nunca arrastrou multitudes, pero tivo unha traxectoria honesta, fiel a si mesmo, e algunhas das súas cancións figuran como as mellores daquela época; soubo cando parar, non se vendeu o mellor postor e deixou pegada. E eso xa é moito.
Amósovos aquí algúns dos seus temas que atopei polo youtube: o terceiro deles ten como algo de profético tendo en conta os convulsos tempos económicos que corren.





miércoles, 19 de noviembre de 2008

PARA UNA AMIGA (IN MEMORIAM)

Para A.C., tan joven, tan frágil
y con tanta vida por delante.


Me pregunto que extraño designio
te hizo coger ese camino sin regreso,
vaciar de golpe las alforjas,
buscar en el centro del cristal,
poner punto final a tu manuscrito
aplastando veintiocho primaveras
contra la noche definitiva.
Como si ya nada importara
y el tiempo fuera un ocaso,
un avanzar inexorable hacia el vacío,
y un algo más, quién sabe qué,
te pusiera espadas y cerrojos
para no dar tregua a la pesadilla
que en el laberinto de tus pasiones
tan humanas se debatía.
Me pregunto porqué te has ido así tan en silencio,
porqué has jugado tan pronto tu última carta
y nos dejas ansiando una respuesta que no llega
en el umbral de cualquier metamorfosis.
Quizás la esperanza negó su existencia
en esos instantes fatales
cuando los sueños ya no son suficientes
para encender la brisa y el fuego.
Quizás… pero sólo son palabras.
Te has ido con tu voz, tu belleza,
tu sonrisa y tus veintiocho primaveras
a otra parte, a cualquier parte,
como paloma fugaz en la noche,
buscadora de estrellas, con ternura
en las manos, un montón de recuerdos
y un enigma sellando para siempre tus labios.
Te has ido como se va deslizando este otoño
hacia la niebla del olvido
porque así lo quisiste,
porque era tu vida y tu muerte
y nadie debe decirnos cuando, donde, como.
Te has ido y nosotros quedamos aquí,
sin tu voz, tu belleza, tu sonrisa
y sin tus veintiocho primaveras,
cara a la pared, desorientados
entre las alas de la incredulidad,
y nos preguntamos porqué
y nos seguiremos preguntando porqué.
Como en la canción de Bob Dylan
la respuesta, mi amiga, quizás esté en el viento
que esta tarde, otra vez,
me trae tu nombre
y tantos, tantos, recuerdos.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

CHANGE


Ganou o cambio.

O soño de Martin L. King está empezando a cumprirse.

sábado, 1 de noviembre de 2008

BY OBAMA


Please:
Que a ilusión venza á decrepitude.
Que o color supere á tristura.
Que o diálogo predomine sobre á “manu militari”.
Que o sentido común teña mais peso que o medo e o racismo.
Que as ideas eclipsen ós peiteados
Que as verbas se impoñan os rifles.
Que a esperanza triúnfe sobre á resignación.
Que o futuro derrote ó pasado.
Tank you very much.

miércoles, 29 de octubre de 2008

UN CARREIRO NA PEDRA

Tódolos camiños levan algures.
¿A onde levará este carreiro de pedra?
A foto foi tomada no monte Pindo, en Carnota.

viernes, 24 de octubre de 2008

LUIS ROSALES




Sempre gustei deste poema,
sobre todo por eses
dous últimos versos,
tan elocuentes,
tan verdadeiros,
tan meus.








AUTOBIOGRAFIA
Como el náufrago metódico que contase las olas
que le faltan para morir,
y las contase, y las volviese a contar, para evitar
errores, hasta la última,
hasta aquella que tiene la estatura de un niño
y le besa y le cubre la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia
de caballo de cartón en el baño,

sabiendo que jamás me he equivocado en nada,
sino en las cosas que yo más quería.

Luis Rosales (31/05/1910---24/10/1992)

martes, 21 de octubre de 2008

RAICES DO PASADO I: POLO MAR

MAR ADENTRO
Polo mar,
esa chaira de nostalxias,
chégame o teu recordo
como unha vaga do pasado,
roxo, carnal, case salvaxe.

Voga o sol cara o ocaso
para debuxar a noite
e a foliada de estrelas
e que unha dorna de lembranzas
te rescate do silencio
e do naufraxio das medusas
e sentir outra vez o olor do teu corpo
os regueiros de sal que escorregan da cintura
e ese reflexo de coral nas meixelas.

E o mar, o teu mar, o que me empurra
a escribir versos no tridente de Neptuno,
a viaxar no lombo dos delfíns,
a deixar unha incompleta carta de amor
na porta da cova dalgunha serea.

Polo mar, polo teu mar, volves marchar,
caladamente como chegaches,
a deriva nas burbullas das ondas
ata que perdo a túa imaxe,
o teu recendo, a túa voz,
e a miña memoria
mar adentro,
mar adentro.

jueves, 16 de octubre de 2008

SI EU FOSE RICO, MOI RICO


O amigo Carlos Sousa convídame a facer o meme do millonario excéntrico. Trátase de sinalar que cinco excentricidades (¿so cinco?) faría si tivese moreas e moreas de millóns de euros. Ben, alá vamos.
1- Construiría un globo aerostático para viaxar. Esta teima téñoa dende que lía os tebeos do Capitán Trueno. Este con axuda dun vello sabio fixo un e viaxou nel por todo o mundo na compaña de Goliath e Crispín. Case sempre tiñan problemas coa aterraxe pero eles ían tirando.
2- Recorrería de punta a punta a Gran Muralla China, e xa que teño o globo faríao dende o aire que é mais doado que recorrela a pé e un ten unha mellor perspectiva.
3- Na década dos 90 axudei a fundar un equipo de fútbol afeccionado, o
Deportivo Río Sil, que mal que ben aí segue na rexional lucense. Non o mercaría porque o equipo é de todos os que traballaron e traballan arreo para sacalo adiante, pero investiría nel os suficientes millóns para que tivese unhas instalacións caralludas e a plantilla deportiva suficiente para ir ascendendo de categoría ano tras ano ata xogar a liga de campións (os finolis chámanlle champions league, ou algo así).
4- Faría unha viaxe o espacio. Sei que me ía marear pero ten que ser a hostia ver a terra dende alá arriba.
5- Antes de que deixe de ser o inquilino de Casa Branca invitaría a Bush a unha festa para pegarlle unha patada (ou varias) nos collóns. Serían dadas cunha bota campeira con reforzo de aceiro na punta.
Sen dúbida esta última excentricidade sería coa que mais me divertiría. E como a ninguén lle amarga ser rico pásolle o encargo de seguir co xogo, por si lles presta, a
Busto.Agolada, Ekis 1331, Ninsesabe e Rifo. E a calquera outro que se sinta aludido. Total, hai cartos para todos.

jueves, 9 de octubre de 2008

WESTER I: OS PROFESIONAIS



No ano 1966 Richard Brooks dirixiu este wester fronteirizo sobre catro mercenarios que son contratados por un millonario texano (Ralp Bellamy) para rescatar a súa dona (a turbadoramente bela Claudia Cardinale) secuestrada polo rebelde mexicano Raza (Jack Palance).
Este é o argumento, coa revolución mexicana como telón de fondo, pero a peli é moito mais ca eso: reflexa tamén o desencanto e a amargura dos protagonistas os que os avatares da vida leváronos a loitar a ámbolos lados da fronteira, a lealdade como un ben necesario cando te moves no gume da navalla, o pracer da aventura, as cousas que case nunca son como parecen, o conflicto entre o idealismo dos heroes románticos e o realismo cotián, a case indiferencia ante a morte porque esta é inevitable.
Nos papeis estelares dous pesos pesados de Hollywood, Lee Marvin e Burt Lancaster, acompañados por Woody Strode e Robert Ryan, este último quizais do mais frouxo do film.
O ritmo é trepidante cun guión axeitado aínda que na derradeira parte a secuencia dos feitos faise menos crible, un bo pulso narrativo e adecuada fotografía que por momentos converte a paisaxe (árida, dura, violenta) nun personaxe mais.
Un wester salpicado de diálogos ferintes, acertados, brillantes, que invitan a reflexión. Déixovos dous exemplos:

Bill (Burt Lancaster):-
“Pode que so haxa unha revolución, desde sempre, a dos bos contra os malos. A pregunta é: ¿quen son os malos?

E no tiroteo final entre Bill e Raza teñen esta conversa:
Bill: -
“Nada é para sempre, excepto a morte. Pregúntalle a Fierro, a Francisco, a todos aqueles do cemiterio dos homes sen nome.”
Raza:
-“Todos eles morreron por un ideal.”
Bill: - “¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”

viernes, 26 de septiembre de 2008

O ÚLTIMO DÍA

Convídame o mantedor de Trasalba a responder a un meme sobre certas cousas que un faría si o mundo se acabase mañá, posibilidade que non hai que desbotar tendo en conta a belixerancia armamentística de algúns dirixentes políticos, o acelerador ese de partículas que seica vai crear un buraco negro, as mensaxes apocalípticas dalgunhas sectas e bla, bla, bla.
Dende logo si se dera o caso eu pasaría todo o día facendo trasnadas: romper a cantazos o alumeado público, amosarlles a pirola as monxiñas, pedir préstamos bancarios para unha viaxe o mais alá, botar moreas de po de pica-pica no Corte Inglés, todo esto sen excluír o insulto verbal, a violencia física ou mesmo o uso indiscriminado de armas de fogo.
Pero cingámonos as preguntas en cuestión:
¿Que canción che gustaría escoitar?
Seguramente Los Pajaritos de María Jesús y su Inefable Acordeón: é tan repelente que habería que oíla por derradeira vez.
Na banda sonora da miña vida sempre hai un sitio para Rosendo, Springsteen, Sabina, Barricada, Bob Dylan .... Pero postos a escoller un quedaríame con Javier Krahe que me parece mais axeitado para a ocasión.
¿A que libro lle botarías un ollo?
Para ler escollería por razóns obvias algún relato breve, de Manuel Rivas ou de Borges por exemplo; algún artigo de Jose Luís Alvite tampouco estaría mal.
¿Con quen che gustaría falar?
Hai algunhas personas das que me gustaría despedirme especialmente. Non direi nomes, eles/elas xa o saben.
¿Que che gustaría comer?
Polbo á feira a esgalla ou un bo churrasco, ou as dúas cousas (un día é un día), abundantemente regado cun saboroso mencía de Amandi (¿a quen carallo lle importa xa si se supera a taxa de alcoholemia?).
¿Que farías e que che queda pendente por facer?
Fora do dito anteriormente non creo que me dera tempo a mais, así que vamos a deixalo así.
Pendentes quedan unha morea de cousas, quizais demasiadas : unha viaxe o Machu-Pichu, por exemplo; unha mágoa, porque seguramente ese último día as axencias de viaxes tiñan boas ofertas.
Para que non se rache a cadea teño que escoller a blogueiros/as que sigan o xogo. O azar, sempre inescrutable, quixo que foran por rigoroso orde alfabético: Carlos Sousa, Hadex, Mer, Pablo, e Zeltia.
Así que si len esto e aínda non fixeron o meme e queren e lles apetece e tumba que dálle e tal que sei eu, xa saben.

martes, 23 de septiembre de 2008

OUTRA VACA MAIS NO MILLO


Estes días pasados celebrouse a bombo e platillo o Congreso Rexional do PP de Madrid. Aparte da elevación os altares (como era de esperar) da ínclita Esperanza Aguirre o congreso deixounos burradas oratorias como tamén ven sendo habitual entre os dirixentes deste partido.
O presidente das Novas Xeracións do PP madrileño, un tal Pablo Casado, dixo no seu discurso algunhas frases que non teñen desperdicio:
"Yo estoy convencido, de que la inmensa mayoría de jóvenes españoles son del Partido Popular, y aún no lo saben. Si es que en el pleno siglo XXI no puede estar de moda ser de izquierdas, pero si son unos carcas. Están todos los días con la guerra del abuelo, con las fosas de no sé quien, con la Memoria Histórica, con la.., con el aborto, con la eutanasia, con la muerte.... cantando la internacional. Pero si la Internacional se cantaba cuando el comunismo dejó cien millones de muertos en el año... en el siglo pasado, pero qué es esto por favor!!. Los modernos somos nosotros. Nosotros no idolatramos asesinos como el Che Guevara. Idolatramos mártires como Miguel Ángel Blanco."

Podedes escoitalas aquí:


Vaiamos por partes.
Ou sexa que a inmensa maioría da xuventude de España é do PP. Eles non o saben pero son do PP. Son do PP aínda que estean afiliados o PSOE, o Bloque ou o PNV, aínda que sexan apolíticos. Ou sexa, son gilipollas que é o que no fondo parece querer dicir. Pois vai ser que non: nin do PP nin gilipollas. Faltaría mais.
Fala da guerra do avó como si fora unha tira de cómic coas batallas do “Abuelo Cebolleta” e non unha guerra civil que causou mais de medio millón de mortos.. Fala das “fosas de no se quien”. Mire Sr. Casado esas fosas as que vostede se refire con tanto desdén, con tanto desinterese e desprezo, son fosas de persoas que tiñan nome e apelidos, unha vida por diante que lles truncaron salvaxemente, que tiñan pais, fillos, familia. E os seus descendentes teñen todo o dereito do mundo a saber onde están enterrados, a recuperar os seus corpos, a reivindicar a súa memoria. E hai que ser moi insensible e moi miserable para non recoñecer ese dereito independentemente da afiliación política de cada quen.
Despois por non sei que estraña asociación de ideas (quizais debido o recente estreo da peli de Steven Soderbergh) falou do Che, ó que parece ser que non idolatra porque foi un asasino.
Como é frecuente neste partido vese con facilidade a palla no ollo alleo pero non a trabe no propio. Gustaríame oír o Sr. Casado criticar e condenar con igual vehemencia a figura de Francisco Franco que como todo o mundo sabe (menos quizais os dirixentes do PP) foi un golpista que se rebelou contra un goberno democraticamente elixido, que arrastrou a España a 40 anos de dictadura e que, aínda despois de rematar o conflicto, ten sobre a súa conciencia moitísimos mais mortos dos que poida ter o Che.
Pero sobre este noxento e criminal personaxe que eu saiba ningún dirixente do Partido Popular levantou a mais mínima crítica. E estou por apostar a que o Sr. Casado tampouco o fará. O peor ata ten un retrato seu na habitación e lle rende pleitesía tódolos domingos e festas de gardar.
Haberá que seguir con atención a carreira política deste cachorro pepero que seguro que nos seguirá obsequiando con barrabasadas e incontinencias verbais como as anteriores. Dende logo no partido mestres nos que fixarse non lle faltan.

sábado, 13 de septiembre de 2008

DON ERRE QUE ERRE


Nesta cova xa falei algunha vez do expresidente Aznar e as súas tonterías dialécticas. Dende logo como estadista non vai pasar a historia dos políticos ilustres pero dicindo burradas hai que recoñecer que é todo un artista.
A finais de agosto dixo: “Yo nunca me voy a arrepentir de la foto de las Azores. “No me arrepiento en absoluto porque fue el momento histórico mas importante que ha tenido España en 200 años”.
¿E quen estaba na foto esa? O pistoleiro tonto de Bush, o maiordomo disciplinado de Toni Blair, Barroso que facía de anfitrión submiso, e un home con bigote, baixiño el, cunha función que supoño sería algo así como de bufón recollepelotas. Vaia tropa!!


A foto e o momento si que foron importantes, pero da historia universal da infamia. O resultado: unha guerra ilegal, inxusta e absurda que causou centos de miles de mortos, que deixou un pais completamente esfarrapado, que fixo medrar a forza do terrorismo internacional e a tensión en Oriente Medio; en resumo, un mundo mais inseguro.
Case todos os que daquela apoiaron a acción militar (baseándose nas mentiras argalladas polos EEUU: armas de destrucción masiva inexistentes, relación de Sadam Hussein con Al Qaeda falsa) agora recoñecen o seu erro. Quedan algúns testáns emperrenchados en “sostenella e non enmendalla”.
Aznar é un deles. Este home non ten remedio.

martes, 9 de septiembre de 2008

PROBA DEFINITIVA


Que a terra é redonda sábese desde tempos remotos. As mitoloxías caldea, hindú, exipcia, etc.. xa aportan este concepto e para os antigos gregos era cousa corrente.
Xa Aristóteles (século IV a.C.) escribiu argumentos que así o demostraban e elaborou unha teoría astronómica o respecto, argumentos que retomaría e ampliaría Ptolomeo no século II para defender a forma esférica do noso planeta. 200 anos a.C. Eratóstenes calculou a súa circunferencia cunha precisión asombrosa para aquela época.
Pero faltaba a proba definitiva e mira por onde esta atópase na praza do Concello de Sober. Estes dous letreiros serven non só para demostrar categoricamente unha teoría científica senón tamén para confundir os conductores foráneos que non saben por onde coller e ante as dúbidas rematan por preguntarlle a algún viandante. O sentido común lévaos (e eso di moito o seu favor) a confiar mais nas indicacións dos veciños que nos paneis informativos da administración.

viernes, 15 de agosto de 2008

PECHADO POR VACACIÓNS


Por un tempiño esta cova ficará pechada.
Vémonos en setembro.

domingo, 10 de agosto de 2008

IN MEMORIAM, MARÍA

O venres enterrouse unha tía miña. Morreu porque as operacións a certas idades son perigosas e o mal nunca tivo compaixón dos mais débiles.
Durante 15 días pelexou na UCI contra o postoperatorio dunha peritonite, unha vesícula desfeita, un fígado que non traballaba ben, unha tensión descontrolada, unha infección empeñada en medrar progresivamente.
Loitou con tódalas súas forzas porque o instinto de supervivencia segue a ser moi forte en nós. Houbo días en que parecía que podía gañar esa partida, pero o final venceu o mal, tan metódico, tan persistente el.
Loitou como xa loitara o longo da súa vida, acostumada a moverse en épocas difíciles: os anos da posguerra foron duros, cartilla de racionamento, economía de supervivencia, falta de estudios; dúas veces viúva como si a morte tivera especial querencia por roldar o seu carón. Agora tiña estabilidade económica e sentimental, os días transcorrían monótonos pero pracenteiros, penso que era moderadamente feliz.
Quedounos pendente dúas viaxes a Ourense e Santiago, un xantar na pulpería dos Chaos e unha conversa (acompañada, seino, de consellos pola túa banda) sobre a miña desordenada e solitaria existencia.
Neste vida non puido ser. Polo menos o da conversa terá que ser na outra, María, terá que ser na outra.

miércoles, 9 de julio de 2008

NOITES DE SUBASTADO

Xogadores de cartas. Óleo de Paul Cézanne.

A principios dos anos 90 era unha cita case obrigada para os amantes do xogo das cartas achegarse os venres a noite pola cantina do Regalado. Vellos zorros do arrastre e das cento vinte e trunfos copas xuntábanse alí para pasar as horas botando unhas partidas de subastado.
O subastado: un xogo iniciático que igual co xadrez ten algo da maxia do Medievo; catro cabaleiros enfrontándose o destino sobre un tapete verde; catro cabaleiros a procura do Santo Graal á beira da saia curta e a melena loura da sota de espadas.
O subastado: o tute elevado a enésima potencia onde un máster en psicoloxía e o atrevemento ás veces poden máis que tres briscas e seis trunfos. Trátase de saber ata onde podes chegar ti e ata onde está disposto a chegar o contrario.Esnafrarse significa pagar a rolda de cervexas e cubalibres, que é o mesmo que perder o cabalo, o castelo e o reino.
O xogo do subastado como a continuación do xogo da vida; filosofía de chigre, tinto e chisqueiro; os xogadores, mergullados na partida, están máis alá da fronteira, noutro mundo e quizais tamén noutro tempo; as mentes concentradas nunha soa idea e se lle quitas as corenta ó que quedou coa subasta un lóstrego racha o corazón mesmo da Vía Láctea.
Hai lugares máxicos, telúricos, onde unha estraña forza parece percorrer o chan e as canles subterráneas. Stonehenge, a chaira de Gizeh en Exipto, a illa de Pascua, son algúns deses lugares e mais preto de nós a Catedral de Santiago de Compostela. Teño para min que si houbo en Sober un sitio onde ás veces se deron esas características ese foi a cantina do Regalado cada venres pola noite.
A cantina cerrou xa hai anos. Estou escribindo de cousas irrecuperables agás para o recordo. Pero daquela estaban nunha mesa, puntuais como cravos, Xosé Ramón, Xosé Antonio , Parola e Paco, dous contra dous, fieis o ritual. E Verao, Rivas, Bernardino; o xesto sosegado e profundo do Pía contrastada coa mirada bulideira de Buxín. E Alfonso apoiado na parte interior da barra enchendo os vasos, cando o que de verdade quería era estar no outro lado, ser un xogador máis (cousa que facía en canto tiña ocasión), outro acólito prendido de liturxia e do colorido dos naipes de Don Heraclio Fournier.
E por alí apareciamos de cando en vez o Pepiño Da Lama e máis eu: dous cabaleiros errantes vindo de cadanseu mundo, pero os dous perseguindo soños, como Quixotes nun tempo sombrío.
As horas pasaban entre amigos e teño marchado cando xa clarexaba: era como se saíras a outro planeta. Nalgunha daquelas noites penso que fun feliz.
Por eso o conto agora para dalgunha maneira deixar constancia de que fai uns cantos anos uns homes debullamos o tempo e burlamos a noite entre as reviravoltas de 40 cartas. Quizais sen sabelo tamén daquela estabamos escribindo a historia.

lunes, 30 de junio de 2008

Sen billete de volta

Porque hoxe é un deses días nos que un pensa
que ten que rachar con todo. E, por riba, aínda é luns
.

Agora
cando xa non quedan cómplices na barricada
nin un as na manga agochado,
cando os paraísos
están en perigo de extinción
neste planeta dominado pola avaricia,
neste caos de máscaras e sumidoiros,
de chemineas, velenos,
buguinas entolecidas,
cordilleiras de cemento,
rañaceos da frustración,
agora, digo,
vestireime de escuro
e, sen billete de volta,
sairei a desgarrar a néboa coas mans,
buscarei de vagar
as estradas mais estreitas,
os furanchos mais perdidos,
as aldeas mais illadas
e nalgún lugar anónimo
onde ninguén me coñeza,
onde para todos sexa un estraño,
unha sombra, a penas eso,
un murmurio, a penas nada,
quizais poda atopar un recanto
no que por un momento
me sinta un pouco feliz.

viernes, 20 de junio de 2008

MEME: PASSION QUILT


Fun nomeado por Ninsesabe para facer un meme que se chama Passión Quilt e que non sei moi ben de que vai. Parece ser que hai que postear unha imaxe que nos importe ou apaixone especialmente e explicar porqué. Unha das normas do meme e convidar a outras personas para que sigan a cadea. Non farei tal pero si alguén quere coller o testigo que libremente o faga.
Puxen a palabra Quilt no traductor e saíume edredón e aínda entendín menos. Confeso que estiven a piques de sacar unha foto da roupa da cama. O final, creo que con bo criterio, puxen esta outra (unha vista, algúns xa vos decatariades, do canón do Sil na Ribeira Sacra) que me lembra a infancia, esa época de xogos e ilusións que quizais nunca debéramos superar.
Algunhas tardes cando era rapaz ía por carreiros que atravesaban devesas e toxais (que hoxe xa están intransitables) e chegaba a ladeira do monte de Barantes a unha zona chamada Reboredo. Alí sentábame nun penedo, entre carpazas e uces, e deixaba pasar o tempo ollando a natureza salvaxe e fermosa que me rodeaba: o canón do Sil en todo o seu esplendor, un mundo penedío de formas singulares e caprichosas, mitoloxía xeolóxica aloumiñando os sentidos e a imaxinación do neno que se desborda a procura de covas e tesouros agochados; algunhas viñas espalladas pola ribeira, Lobeiras, Emparadeada, o regato do Cachufeiro; ladeiras escarpadas, socalcos tecidos polo home as veces desafiando a mesma lei da gravidade, e o río Sil mais abaixo como unha fronteira onde o Casiano amarraba a súa barca de caracocha de castiñeiro como un xoguete fráxil e prohibido. Mais alá estaba Ourense e os “caldelaos rabudos”, regueiros que baixaban impetuosos e o Mosteiro de Santa Cristina regalando serenidade entre as árbores. Era fermoso deixar pasar o tempo así.
Daquela nada sabía das opas hostiles, dos atascos en hora punta, da dinámica de fluxos, da xeopolítica, da disfunción eréctil, das hipotecas. Tiña moitos soños e as únicas preocupacións era gañar o partido de fútbol do domingo ou as carreiras de bicicletas.
De cando en vez volvo a ese mundo e séntome nun penedo. As viñas fóronse abandonando case todas, onde antes medraban cepas agora prosperan silvas, fentos, xestas e sobreiras, e os antigos carreiros que tanto saben de cestos de uvas, de feixes de leña, de suor e faladoiros, están engulidos pola vexetación. Mais a vista segue a ser fermosa, o canón segue amosándonos a súa agreste fisionomía e o Sil segue alá abaixo coma sempre, un pouco mais orfo, eso si, porque xa hai anos que a barca de caracocha de castiñeiro do Casiano non está amarrada a súa beira
.

domingo, 15 de junio de 2008

RAMONCÍN E TOP MANTA


Pois si. Merquei o último recopilatorio de Ramoncín, Memoria Audiovisual 1978-2008, que está composto por 2 CDs (que fan un recorrido polas súas cancións mais emblemáticas) e un DVD (no que se inclúen actuacións en TV e un concerto acústico en directo).
Pois ben, a información que se nos ofrece na contraportada con respecto a duración das cancións do DVD é falsa. Exemplos:
Marica de terciopelo: segundo a contraportada dura 11, 28 m; duración real: 3, 01m.
Blues para un camello: segundo a contraportada dura 2,08 m; duración real: 1, 34 m.
Rock and roll duduá: segundo a contraportada dura 3, 26 m; duración real: 2,31 m.
Chuli: segundo a contraportada dura 2,08 m; duración real: 1,07 m.
As oito primeiras cancións debían durar 35,56 m. En realidade duran 23, 56 m. ¿Onde están os 12 minutos que faltan? Xa non quixen seguir contabilizando o tempo das outras cancións.
O certo é que me sinto estafado. Pode que estes fallos haxa que computarllos a casa editora (neste caso EMI) pero sorpréndeme que Ramoncín ( tan a favor da honestidade, tan adaíl do xogo limpo, tan crítico coa piratería, tan en contra da picaresca) non controle e supervise estes detalles. Porque neste caso quen engana é el. Xa se sabe, na casa do ferreiro coitelo de pao.
Se fora agora mercábao no top manta. Eses minutos seguirían faltando pero polo menos sairíanme moito mais baratos.

jueves, 5 de junio de 2008

LENDO A GARCÍA LORCA



Estes días volvín a ler unha antoloxía poética de García Lorca que, baixo o título de “Preciosa y el aire”, foi editada polo Instituto Cubano del Libro en 1976. Eu merqueina no 93 a un velliño que vendía libros de segunda man nunha das rúas da Habana. Fai un recorrido pola obra poética de Federico dende o seu primeiro “Libro de poemas” en 1921, ata os últimos como “Diván del Tamarit”, do 36.
Mentres relía a escolma decateime de que hoxe cúmprense 110 anos do seu nacemento. Federico naceu en Fuente Vaqueros, Granada, en 1898 e co paso do tempo será considerado como un dos máximos expoñentes da poesía española do século XX e un dos mais grandes dramaturgos.
É a súa unha poesía rica en metáforas (empregadas dunha forma moi persoal, atrevida e mesmo insólita) que soubo combinar perfectamente con elementos tradicionais como o folclore, a tradición andaluza e mora, a música popular, ou o universo xitano o que envolveu dun aura de romanticismo; poesía cargada de colorido e musicalidade que mestura elementos populares e vangardistas; poesía expresiva na que latexa un sentimento tráxico da vida.
Do seu paso por Norteamérica deixounos “Poeta en Nueva York” onde agroma con forza a denuncia social e o surrealismo. Versos de angustia e horror ante paisaxes desolados, unha crítica desgarrada da sociedade impersoal e mecanizada das grandes urbes, promotoras das inxustizas sociais.
Cento dez anos se cumpren hoxe do nacemento de García Lorca, o home que escribiu “En la bandera de la libertad bordé el amor mas grande de mi vida”; o home o que asasinaron as hordas franquistas en agosto do 36 por “rojo y maricón”, quizais tamén por ser poeta.


LA AURORA (de Poeta en Nueva York)
La aurora de Nueva York tiene
cuatro columnas de cieno
y un huracán de negras palomas
que chapotean las aguas podridas.

La aurora de Nueva York gime
por las inmensas escaleras
buscando entre las aristas
nardos de angustia dibujada.

La aurora llega y nadie la recibe en su boca
porque allí no hay mañana ni esperanza posible.
A veces las monedas en enjambres furiosos
taladran y devoran abandonados niños.

Los primeros que salen comprenden con sus huesos
que no habrá paraíso ni amores deshojados;
saben que van al cieno de números y leyes,
a los juegos sin arte, a sudores sin fruto.

La luz es sepultada por cadenas y ruídos
en impúdico reto de ciencia sin raíces.
Por los barrios hay gentes que vacilan insomnes
como recién salidas de un naufragio de sangre
.



GACELA DEL AMOR IMPREVISTO (de Diván del Tamarit)
Nadie comprendía el perfume
de la oscura magnolia de tu vientre.
Nadie sabía que martirizabas
un colibrí de amor entre los dientes.

Mil caballitos persas se dormían
en la plaza con luna de tu frente,
mientras que yo enlazaba cuatro noches
tu cintura, enemiga de la nieve.

Entre yeso y jazmines, tu mirada
era un pálido ramo de simientes.
Yo busqué, para darte, por mi pecho
las letras de marfil que dicen
siempre,

siempre, siempre
: jardín de mi agonía,
tu cuerpo fugitivo para siempre,
la sangre de tus venas en mi boca,
tu boca ya sin luz para mi muerte.