
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
lunes, 5 de enero de 2009
ZARROTAS

sábado, 27 de diciembre de 2008
RAICES DO PASADO II: JUAN RAMÓN JIMÉNEZ

Cando tiña 10 ou 11 anos ocorréuseme a ¿brillante? idea de escribir a historia de España en quintetos e quintillas. Dunha forma casqueira, eso si. Cheguei ata Felipe II, aí cansei. Foi unha boa época para deterse, o fin e o cabo daquela no imperio español non se poñía o sol.
Aquelas follas cheas de malos e infantís versos perdéronse todas; non sei onde foron parar, supoño que o lume da cociña de leña. Unha mágoa porque houbérame gustado lelas agora. Sería algo así como volver atrás no tempo, recuperar un anaco da miña infancia.
Ben esto a conto de que estes días que fun a aldea remexendo nunha caixa de libros vellos e tebeos topei cuns versos que escribín calculo que arredor dos 14 anos. Debe ser o poema mais antigo que conservo.
Os primeiros poetas os que me acheguei con verdadeiro interese foron Machado, Juan Ramón Jiménez e Miguel Hernández. A Machado xamais lle escribín nada; a Miguel Hernández dediqueille un poema na miña época de COU (quizais o poña aquí algún día).
A poesía de Juan Ramón Jiménez agora non me di gran cousa pero daquela si, sobre todo os seus primeiros libros como Rimas, Arias tristes ou Pastorales. Supoño que me gustaba o suficiente como para escribirlle este poemiña que foi o que atopei o outro día.
LLEGADA
"A la poesía de Juan Ramón Jímenez."
Abriste la puerta y entraste
sincera y sola en mi alma
como una niña asustada.
Te recibí con los brazos abiertos
porque te necesitaba.
Y te fui conociendo cada día,
unos versos, una mirada,
y te fuiste haciendo mía.
Ahora estás aquí
celosamente guardada
en el fondo de mi alma.
domingo, 21 de diciembre de 2008
BO NADAL

Nestas datas:
Que a tristura non teña cabida nos vosos baúis,
que o corredor da casa sexa unha autoestrada sen peaxe cara o sétimo ceo,
que os pantasmas do faiado bailen a muiñeira con ledicia e dean a pinchacarneira con moito xeito,
que no curral o boi brúe de felicidade e ornee o burra polo mesmo,
que da cociña chegue un arrecendo de cariño,
que as sabas queimen de paixón,
que a ilusión gabee polas paredes ata enchoupar o teito,
que cada recuncho do fogar sexa un colo de agarimo.
Vale, saíume un pouco cursi pero eu o que vos quería dicir era esto: FELICES FESTAS A TODOS, A TODAS.
lunes, 15 de diciembre de 2008
sábado, 13 de diciembre de 2008
OS HOMES DE VERMELLO
Foto: A Doblada, Vigo.Polo de agora os corpos e forzas de seguridade do estado aínda non tomaron ningunha medida para resolver este problema que leva camiño de converterse nunha auténtica praga.
martes, 9 de diciembre de 2008
JOAN BAPTISTA HUMET

Foi cara o 86 cando deixou a música e non volvería a publicar nada ata o 2004, ano en que sacou un novo traballo titulado: Solo bajé a comprar tabaco.
O seu estilo intimista, realista e honesto a hora de cantar achegouno a xente; historias sinxelas, humanas, cancións agridoces as que lles soubo dar un toque de tenrura para facelas cálidas.
Joan Baptista Humet morreu o pasado 30 de novembro, víctima dun cancro de estómago. Conservo dúas cintas del, unha está soando mentres escribo estas liñas. Xamais foi un cantante de moda, quizais nunca arrastrou multitudes, pero tivo unha traxectoria honesta, fiel a si mesmo, e algunhas das súas cancións figuran como as mellores daquela época; soubo cando parar, non se vendeu o mellor postor e deixou pegada. E eso xa é moito.
Amósovos aquí algúns dos seus temas que atopei polo youtube: o terceiro deles ten como algo de profético tendo en conta os convulsos tempos económicos que corren.
miércoles, 19 de noviembre de 2008
PARA UNA AMIGA (IN MEMORIAM)
y con tanta vida por delante.
Me pregunto que extraño designio
te hizo coger ese camino sin regreso,
vaciar de golpe las alforjas,
buscar en el centro del cristal,
poner punto final a tu manuscrito
aplastando veintiocho primaveras
contra la noche definitiva.
Como si ya nada importara
y el tiempo fuera un ocaso,
un avanzar inexorable hacia el vacío,
y un algo más, quién sabe qué,
te pusiera espadas y cerrojos
para no dar tregua a la pesadilla
que en el laberinto de tus pasiones
tan humanas se debatía.
Me pregunto porqué te has ido así tan en silencio,
porqué has jugado tan pronto tu última carta
y nos dejas ansiando una respuesta que no llega
en el umbral de cualquier metamorfosis.
Quizás la esperanza negó su existencia
en esos instantes fatales
cuando los sueños ya no son suficientes
para encender la brisa y el fuego.
Quizás… pero sólo son palabras.
Te has ido con tu voz, tu belleza,
tu sonrisa y tus veintiocho primaveras
a otra parte, a cualquier parte,
como paloma fugaz en la noche,
buscadora de estrellas, con ternura
en las manos, un montón de recuerdos
y un enigma sellando para siempre tus labios.
Te has ido como se va deslizando este otoño
hacia la niebla del olvido
porque así lo quisiste,
porque era tu vida y tu muerte
y nadie debe decirnos cuando, donde, como.
Te has ido y nosotros quedamos aquí,
sin tu voz, tu belleza, tu sonrisa
y sin tus veintiocho primaveras,
cara a la pared, desorientados
entre las alas de la incredulidad,
y nos preguntamos porqué
y nos seguiremos preguntando porqué.
Como en la canción de Bob Dylan
la respuesta, mi amiga, quizás esté en el viento
que esta tarde, otra vez,
me trae tu nombre
y tantos, tantos, recuerdos.
miércoles, 5 de noviembre de 2008
sábado, 1 de noviembre de 2008
BY OBAMA

Que a ilusión venza á decrepitude.
Que o color supere á tristura.
Que o diálogo predomine sobre á “manu militari”.
Que o sentido común teña mais peso que o medo e o racismo.
Que as ideas eclipsen ós peiteados
Que as verbas se impoñan os rifles.
Que a esperanza triúnfe sobre á resignación.
Que o futuro derrote ó pasado.
Tank you very much.
miércoles, 29 de octubre de 2008
UN CARREIRO NA PEDRA
viernes, 24 de octubre de 2008
LUIS ROSALES

Sempre gustei deste poema,
sobre todo por eses
dous últimos versos,
tan elocuentes,
tan verdadeiros,
tan meus.
AUTOBIOGRAFIA
Como el náufrago metódico que contase las olas
que le faltan para morir,
y las contase, y las volviese a contar, para evitar
errores, hasta la última,
hasta aquella que tiene la estatura de un niño
y le besa y le cubre la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia
de caballo de cartón en el baño,
sabiendo que jamás me he equivocado en nada,
sino en las cosas que yo más quería.
Luis Rosales (31/05/1910---24/10/1992)
martes, 21 de octubre de 2008
RAICES DO PASADO I: POLO MAR
esa chaira de nostalxias,
chégame o teu recordo
como unha vaga do pasado,
roxo, carnal, case salvaxe.
Voga o sol cara o ocaso
para debuxar a noite
e a foliada de estrelas
e que unha dorna de lembranzas
te rescate do silencio
e do naufraxio das medusas
e sentir outra vez o olor do teu corpo
os regueiros de sal que escorregan da cintura
e ese reflexo de coral nas meixelas.
E o mar, o teu mar, o que me empurra
a escribir versos no tridente de Neptuno,
a viaxar no lombo dos delfíns,
a deixar unha incompleta carta de amor
na porta da cova dalgunha serea.
Polo mar, polo teu mar, volves marchar,
caladamente como chegaches,
a deriva nas burbullas das ondas
ata que perdo a túa imaxe,
o teu recendo, a túa voz,
e a miña memoria
mar adentro,
mar adentro.
jueves, 16 de octubre de 2008
SI EU FOSE RICO, MOI RICO

1- Construiría un globo aerostático para viaxar. Esta teima téñoa dende que lía os tebeos do Capitán Trueno. Este con axuda dun vello sabio fixo un e viaxou nel por todo o mundo na compaña de Goliath e Crispín. Case sempre tiñan problemas coa aterraxe pero eles ían tirando.
2- Recorrería de punta a punta a Gran Muralla China, e xa que teño o globo faríao dende o aire que é mais doado que recorrela a pé e un ten unha mellor perspectiva.
3- Na década dos 90 axudei a fundar un equipo de fútbol afeccionado, o Deportivo Río Sil, que mal que ben aí segue na rexional lucense. Non o mercaría porque o equipo é de todos os que traballaron e traballan arreo para sacalo adiante, pero investiría nel os suficientes millóns para que tivese unhas instalacións caralludas e a plantilla deportiva suficiente para ir ascendendo de categoría ano tras ano ata xogar a liga de campións (os finolis chámanlle champions league, ou algo así).
4- Faría unha viaxe o espacio. Sei que me ía marear pero ten que ser a hostia ver a terra dende alá arriba.
5- Antes de que deixe de ser o inquilino de Casa Branca invitaría a Bush a unha festa para pegarlle unha patada (ou varias) nos collóns. Serían dadas cunha bota campeira con reforzo de aceiro na punta.
Sen dúbida esta última excentricidade sería coa que mais me divertiría. E como a ninguén lle amarga ser rico pásolle o encargo de seguir co xogo, por si lles presta, a Busto.Agolada, Ekis 1331, Ninsesabe e Rifo. E a calquera outro que se sinta aludido. Total, hai cartos para todos.
jueves, 9 de octubre de 2008
WESTER I: OS PROFESIONAIS

No ano 1966 Richard Brooks dirixiu este wester fronteirizo sobre catro mercenarios que son contratados por un millonario texano (Ralp Bellamy) para rescatar a súa dona (a turbadoramente bela Claudia Cardinale) secuestrada polo rebelde mexicano Raza (Jack Palance).
Este é o argumento, coa revolución mexicana como telón de fondo, pero a peli é moito mais ca eso: reflexa tamén o desencanto e a amargura dos protagonistas os que os avatares da vida leváronos a loitar a ámbolos lados da fronteira, a lealdade como un ben necesario cando te moves no gume da navalla, o pracer da aventura, as cousas que case nunca son como parecen, o conflicto entre o idealismo dos heroes románticos e o realismo cotián, a case indiferencia ante a morte porque esta é inevitable.
Nos papeis estelares dous pesos pesados de Hollywood, Lee Marvin e Burt Lancaster, acompañados por Woody Strode e Robert Ryan, este último quizais do mais frouxo do film.
O ritmo é trepidante cun guión axeitado aínda que na derradeira parte a secuencia dos feitos faise menos crible, un bo pulso narrativo e adecuada fotografía que por momentos converte a paisaxe (árida, dura, violenta) nun personaxe mais.
Un wester salpicado de diálogos ferintes, acertados, brillantes, que invitan a reflexión. Déixovos dous exemplos:
Bill (Burt Lancaster):- “Pode que so haxa unha revolución, desde sempre, a dos bos contra os malos. A pregunta é: ¿quen son os malos?
E no tiroteo final entre Bill e Raza teñen esta conversa:
Bill: - “Nada é para sempre, excepto a morte. Pregúntalle a Fierro, a Francisco, a todos aqueles do cemiterio dos homes sen nome.”
Raza: -“Todos eles morreron por un ideal.”
Bill: - “¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”
viernes, 26 de septiembre de 2008
O ÚLTIMO DÍA
Dende logo si se dera o caso eu pasaría todo o día facendo trasnadas: romper a cantazos o alumeado público, amosarlles a pirola as monxiñas, pedir préstamos bancarios para unha viaxe o mais alá, botar moreas de po de pica-pica no Corte Inglés, todo esto sen excluír o insulto verbal, a violencia física ou mesmo o uso indiscriminado de armas de fogo.
Pero cingámonos as preguntas en cuestión:
¿Que canción che gustaría escoitar?
Seguramente Los Pajaritos de María Jesús y su Inefable Acordeón: é tan repelente que habería que oíla por derradeira vez.
Na banda sonora da miña vida sempre hai un sitio para Rosendo, Springsteen, Sabina, Barricada, Bob Dylan .... Pero postos a escoller un quedaríame con Javier Krahe que me parece mais axeitado para a ocasión.
¿A que libro lle botarías un ollo?
Para ler escollería por razóns obvias algún relato breve, de Manuel Rivas ou de Borges por exemplo; algún artigo de Jose Luís Alvite tampouco estaría mal.
¿Con quen che gustaría falar?
Hai algunhas personas das que me gustaría despedirme especialmente. Non direi nomes, eles/elas xa o saben.
¿Que che gustaría comer?
Polbo á feira a esgalla ou un bo churrasco, ou as dúas cousas (un día é un día), abundantemente regado cun saboroso mencía de Amandi (¿a quen carallo lle importa xa si se supera a taxa de alcoholemia?).
¿Que farías e que che queda pendente por facer?
Fora do dito anteriormente non creo que me dera tempo a mais, así que vamos a deixalo así.
Pendentes quedan unha morea de cousas, quizais demasiadas : unha viaxe o Machu-Pichu, por exemplo; unha mágoa, porque seguramente ese último día as axencias de viaxes tiñan boas ofertas.
Para que non se rache a cadea teño que escoller a blogueiros/as que sigan o xogo. O azar, sempre inescrutable, quixo que foran por rigoroso orde alfabético: Carlos Sousa, Hadex, Mer, Pablo, e Zeltia.
Así que si len esto e aínda non fixeron o meme e queren e lles apetece e tumba que dálle e tal que sei eu, xa saben.
martes, 23 de septiembre de 2008
OUTRA VACA MAIS NO MILLO

O presidente das Novas Xeracións do PP madrileño, un tal Pablo Casado, dixo no seu discurso algunhas frases que non teñen desperdicio:
"Yo estoy convencido, de que la inmensa mayoría de jóvenes españoles son del Partido Popular, y aún no lo saben. Si es que en el pleno siglo XXI no puede estar de moda ser de izquierdas, pero si son unos carcas. Están todos los días con la guerra del abuelo, con las fosas de no sé quien, con la Memoria Histórica, con la.., con el aborto, con la eutanasia, con la muerte.... cantando la internacional. Pero si la Internacional se cantaba cuando el comunismo dejó cien millones de muertos en el año... en el siglo pasado, pero qué es esto por favor!!. Los modernos somos nosotros. Nosotros no idolatramos asesinos como el Che Guevara. Idolatramos mártires como Miguel Ángel Blanco."
Podedes escoitalas aquí:
Vaiamos por partes.
Ou sexa que a inmensa maioría da xuventude de España é do PP. Eles non o saben pero son do PP. Son do PP aínda que estean afiliados o PSOE, o Bloque ou o PNV, aínda que sexan apolíticos. Ou sexa, son gilipollas que é o que no fondo parece querer dicir. Pois vai ser que non: nin do PP nin gilipollas. Faltaría mais.
Fala da guerra do avó como si fora unha tira de cómic coas batallas do “Abuelo Cebolleta” e non unha guerra civil que causou mais de medio millón de mortos.. Fala das “fosas de no se quien”. Mire Sr. Casado esas fosas as que vostede se refire con tanto desdén, con tanto desinterese e desprezo, son fosas de persoas que tiñan nome e apelidos, unha vida por diante que lles truncaron salvaxemente, que tiñan pais, fillos, familia. E os seus descendentes teñen todo o dereito do mundo a saber onde están enterrados, a recuperar os seus corpos, a reivindicar a súa memoria. E hai que ser moi insensible e moi miserable para non recoñecer ese dereito independentemente da afiliación política de cada quen.
Despois por non sei que estraña asociación de ideas (quizais debido o recente estreo da peli de Steven Soderbergh) falou do Che, ó que parece ser que non idolatra porque foi un asasino.
Como é frecuente neste partido vese con facilidade a palla no ollo alleo pero non a trabe no propio. Gustaríame oír o Sr. Casado criticar e condenar con igual vehemencia a figura de Francisco Franco que como todo o mundo sabe (menos quizais os dirixentes do PP) foi un golpista que se rebelou contra un goberno democraticamente elixido, que arrastrou a España a 40 anos de dictadura e que, aínda despois de rematar o conflicto, ten sobre a súa conciencia moitísimos mais mortos dos que poida ter o Che.
Pero sobre este noxento e criminal personaxe que eu saiba ningún dirixente do Partido Popular levantou a mais mínima crítica. E estou por apostar a que o Sr. Casado tampouco o fará. O peor ata ten un retrato seu na habitación e lle rende pleitesía tódolos domingos e festas de gardar.
Haberá que seguir con atención a carreira política deste cachorro pepero que seguro que nos seguirá obsequiando con barrabasadas e incontinencias verbais como as anteriores. Dende logo no partido mestres nos que fixarse non lle faltan.
sábado, 13 de septiembre de 2008
DON ERRE QUE ERRE

A finais de agosto dixo: “Yo nunca me voy a arrepentir de la foto de las Azores. “No me arrepiento en absoluto porque fue el momento histórico mas importante que ha tenido España en 200 años”.
¿E quen estaba na foto esa? O pistoleiro tonto de Bush, o maiordomo disciplinado de Toni Blair, Barroso que facía de anfitrión submiso, e un home con bigote, baixiño el, cunha función que supoño sería algo así como de bufón recollepelotas. Vaia tropa!!

A foto e o momento si que foron importantes, pero da historia universal da infamia. O resultado: unha guerra ilegal, inxusta e absurda que causou centos de miles de mortos, que deixou un pais completamente esfarrapado, que fixo medrar a forza do terrorismo internacional e a tensión en Oriente Medio; en resumo, un mundo mais inseguro.
Case todos os que daquela apoiaron a acción militar (baseándose nas mentiras argalladas polos EEUU: armas de destrucción masiva inexistentes, relación de Sadam Hussein con Al Qaeda falsa) agora recoñecen o seu erro. Quedan algúns testáns emperrenchados en “sostenella e non enmendalla”.
Aznar é un deles. Este home non ten remedio.
martes, 9 de septiembre de 2008
PROBA DEFINITIVA

Xa Aristóteles (século IV a.C.) escribiu argumentos que así o demostraban e elaborou unha teoría astronómica o respecto, argumentos que retomaría e ampliaría Ptolomeo no século II para defender a forma esférica do noso planeta. 200 anos a.C. Eratóstenes calculou a súa circunferencia cunha precisión asombrosa para aquela época.
Pero faltaba a proba definitiva e mira por onde esta atópase na praza do Concello de Sober. Estes dous letreiros serven non só para demostrar categoricamente unha teoría científica senón tamén para confundir os conductores foráneos que non saben por onde coller e ante as dúbidas rematan por preguntarlle a algún viandante. O sentido común lévaos (e eso di moito o seu favor) a confiar mais nas indicacións dos veciños que nos paneis informativos da administración.
viernes, 15 de agosto de 2008
domingo, 10 de agosto de 2008
IN MEMORIAM, MARÍA
Durante 15 días pelexou na UCI contra o postoperatorio dunha peritonite, unha vesícula desfeita, un fígado que non traballaba ben, unha tensión descontrolada, unha infección empeñada en medrar progresivamente.
Loitou con tódalas súas forzas porque o instinto de supervivencia segue a ser moi forte en nós. Houbo días en que parecía que podía gañar esa partida, pero o final venceu o mal, tan metódico, tan persistente el.
Loitou como xa loitara o longo da súa vida, acostumada a moverse en épocas difíciles: os anos da posguerra foron duros, cartilla de racionamento, economía de supervivencia, falta de estudios; dúas veces viúva como si a morte tivera especial querencia por roldar o seu carón. Agora tiña estabilidade económica e sentimental, os días transcorrían monótonos pero pracenteiros, penso que era moderadamente feliz.
Quedounos pendente dúas viaxes a Ourense e Santiago, un xantar na pulpería dos Chaos e unha conversa (acompañada, seino, de consellos pola túa banda) sobre a miña desordenada e solitaria existencia.
Neste vida non puido ser. Polo menos o da conversa terá que ser na outra, María, terá que ser na outra.


