
Hoxe comeza o ano 4707 para os chinos. Segundo o seu calendario a cada ano correspóndelle un animal, neste caso é o BOI.
Eso será en China, aquí penso que é mais apropiado chamarlle a este 2009 ano das VACAS FRACAS.
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.




Nestas datas:
Que a tristura non teña cabida nos vosos baúis,
que o corredor da casa sexa unha autoestrada sen peaxe cara o sétimo ceo,
que os pantasmas do faiado bailen a muiñeira con ledicia e dean a pinchacarneira con moito xeito,
que no curral o boi brúe de felicidade e ornee o burra polo mesmo,
que da cociña chegue un arrecendo de cariño,
que as sabas queimen de paixón,
que a ilusión gabee polas paredes ata enchoupar o teito,
que cada recuncho do fogar sexa un colo de agarimo.
Vale, saíume un pouco cursi pero eu o que vos quería dicir era esto: FELICES FESTAS A TODOS, A TODAS.
Foto: A Doblada, Vigo.


Luis Rosales (31/05/1910---24/10/1992)


No ano 1966 Richard Brooks dirixiu este wester fronteirizo sobre catro mercenarios que son contratados por un millonario texano (Ralp Bellamy) para rescatar a súa dona (a turbadoramente bela Claudia Cardinale) secuestrada polo rebelde mexicano Raza (Jack Palance).
Este é o argumento, coa revolución mexicana como telón de fondo, pero a peli é moito mais ca eso: reflexa tamén o desencanto e a amargura dos protagonistas os que os avatares da vida leváronos a loitar a ámbolos lados da fronteira, a lealdade como un ben necesario cando te moves no gume da navalla, o pracer da aventura, as cousas que case nunca son como parecen, o conflicto entre o idealismo dos heroes románticos e o realismo cotián, a case indiferencia ante a morte porque esta é inevitable.
Nos papeis estelares dous pesos pesados de Hollywood, Lee Marvin e Burt Lancaster, acompañados por Woody Strode e Robert Ryan, este último quizais do mais frouxo do film.
O ritmo é trepidante cun guión axeitado aínda que na derradeira parte a secuencia dos feitos faise menos crible, un bo pulso narrativo e adecuada fotografía que por momentos converte a paisaxe (árida, dura, violenta) nun personaxe mais.
Un wester salpicado de diálogos ferintes, acertados, brillantes, que invitan a reflexión. Déixovos dous exemplos:
Bill (Burt Lancaster):- “Pode que so haxa unha revolución, desde sempre, a dos bos contra os malos. A pregunta é: ¿quen son os malos?
E no tiroteo final entre Bill e Raza teñen esta conversa:
Bill: - “Nada é para sempre, excepto a morte. Pregúntalle a Fierro, a Francisco, a todos aqueles do cemiterio dos homes sen nome.”
Raza: -“Todos eles morreron por un ideal.”
Bill: - “¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”


