Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
martes, 28 de abril de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
Versos na area
Sabes
que nunca che pedirei nada,
se queres
pódesme dar
un
pouco de cariño;
teño
as alforxas baleiras
o
pouco que me deas
será
para min coma un tesouro.
En
calquera caso
escribirei
o teu nome
na
area da praia,
moi
preto da auga,
para
que as ondas o borren
e eu
volva escribilo
unha
e outra vez,
unha
e outra vez...
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 1 de abril de 2015
Forzas ocultas
Multan un corazón
por exceso de velocidade no túnel do amor
e colápsase todo o tráfico da cidade.
Unha parella bícase en Sunset Boulevard
e a onda expansiva
inutiliza
a rede de mísiles antiaéreos dos EEUU
e fai tremer a falla de San Andrés.
Dous adolescentes están a facer o amor
nos asentos traseiros dun coche
no polígono de Monforte de Lemos
e as pombas mensaxeiras desoriéntanse,
rebélanse os ordenadores
e a bolsa de Tokío baixa ó nivel do mar.
Nun segundo piso alugado
na zona vella de Compostela
un orgasmo amolece
as telúricas pedras da Catedral,
ó Apóstolo invádeo a melancolía
e ata o anticiclón das Azores
tremelica coma un can asustado.
Debe ser cousa da primavera.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"
lunes, 23 de marzo de 2015
martes, 17 de marzo de 2015
RUTA POR BARANTES
A asociación "O Colado do Vento" organiza o 12 de abril unha ruta por Barantes na que se mesturará sendeirismo e poesía con vistas o Canón do Sil. Remataremos en Sober, na feira, dando boa conta dunhas racións de polbo con viño de Amandi.
Non me digades que a cousa non é atractiva!!
lunes, 2 de marzo de 2015
Unha de ausencias
Un,
dous,
tres, catro días...
Tentado estou de
catalogar
a túa ausencia
coma unha nova forma de
tortura.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"
sábado, 7 de febrero de 2015
Satisfaccións
Espertar co sol xa ben
alto
e non ter présa en
levantarse.
Recoller do chan o
periódico
e un libro de Bertol Brecht.
Subir ata o Castro,
mirar á ría e
despeitearme.
O póster do Che,
os berros do
veciño,
a calor dun bar.
Esquecer a crise
refuxiándome
nas cores do arco da
vella.
Os recordos que rescato
dun antigo cartafol, as
palabras
que forman liñas que
aspiran
inutilmente a seren
poema.
Botarlle un pulso á tristura.
Practicar sendeirismo
pola miña propia alma.
E á tardiña dun día
calquera
cruzar o Miño en
dirección a Portugal,
só polo pracer de
ganarlle unha hora ó tempo
mentres tento resolver
unha ecuación
de puntos suspensivos
que se empeña
en derivar cara a estratosfera.
Do libro "Territorios estraños"
martes, 20 de enero de 2015
Protexendo o capital
Xa
que logo, e por se acaso,
poñerei
a bo recado,
as
faíscas de neve,
as
miradas cómplices,
os
álbums da saudade,
as
coartadas de barro
cando
baixa a marea,
un
dente de allo,
aquela
canción dos Stones,
xoguetes
rotos,
saltos
mortais,
recordos
esquecidos,
a
forza da gravidade con vento a favor,
os
conxuros contra as derrotas,
o po
do faiado,
os
cortes de manga ó destino,
estes
delirios de pobreza,
este
dribbing en fóra de xogo,
esta
présa por chegar a algures,
este
desexo de ti.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"
lunes, 12 de enero de 2015
Tesouros (nas rebaixas)
Agora
que estamos de volta de nada
baixo
a costa de xaneiro
buscando
refuxio na intemperie.
Porque
estamos de volta de nada
remexo
nas rebaixas á procura
dun
sorriso que me protexa da friaxe,
uns
zapatos para desandar a crise,
un
buzón de voz onde gardar
os
silencios que non sei escribir,
un
mapa do teu corpo,
un
espello no que envellecer xuntos,
un
pasaporte para viaxar á república da utopía,
un
rock and roll que inxectar ás veas,
un
catálogo de antídotos contra a ausencia
e un
reloxo de peto no que descontar as horas
que
faltan para verte.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"
sábado, 3 de enero de 2015
Propostas (de aninovo)
Cargar
ó lombo mochilas de esperanza,
durmir
no teu colo,
pisar
en soños terra firme,
amarte
sen pedir nada a cambio,
vivir
en paz contra min mesmo,
borrar
os ceros á esquerda,
escoitar
o silencio das palabras,
dedicarme
ó contrabando da tenrura,
solicitar
asilo na túa embaixada,
investir
en sorrisos de alta gama,
ser
políticamente incorrecto,
non
renunciar á utopía,
subir
a costa da vida sen doparme,
bailar
un agarrado co futuro,
bicarte
en Exipto,
quererte...
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 31 de diciembre de 2014
CERTAME LITERARIO "A PIPA 2014"
Este domingo pasado estiven por Becerreá
na entrega de premios do XXIII Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña
Luguesa, que convoca o colectivo becerrense “A Pipa”. Entregáronse premios (o
feito de que coincidise co día dos inocentes é unha mera casualidade) na
modalidade de prosa, poesía e dramaturxia breve.
Eu tiven a sorte de acadar o primeiro
premio de poesía co texto “Corazón de lóstrego” e compartín xuntanza, lecer e
desfrute co resto dos premiados: César No Cortiñas, José Ramón Sánchez Varela,
Jesús Alfonso Parada Jato, Avelina Pérez, Santiago Cortegoso Calvar, Ernesto Suárez e
Julio Fernández Peláez.
Unha boa forma de ir rematando o ano.
Corazón de lóstrego
Alguén viaxou no tempo
buscando unha espada.
Alguén soubo poñerlle voz
á dor e ás pedras,
á penumbra e ás máscaras.
Alguén vindo de moi lonxe
inventou a caligrafía torpe dos nenos,
as carambolas a catro bandas,
as apertas que non se esquecen.
Descubriu a cara oculta da lúa,
o mapa para chegar a Shambala
e rescatou unha tarde de decembro,
unha bala sen xustificación,
e unha fotografía de John Lennon.
Alguén vindo de moi dentro
fíxose corazón de lóstrego
neses días calmos
nos que o vento eternízase
e convértese en pomba
e en caricia sincera.
Nas súas mans de choiva
estaban os refuxios, a dignidade,
as maletas do futuro,
os ronseis das gamelas
coma un vendaval de urxencias
sobre as augas.
A súa palabra tróuxonos
alboradas máis limpas,
a mirada como escuma,
o sangue gabeando cara os dedos,
os dedos abrindo xanelas
no colo da paisaxe,
abrindo fronteiras
e dándonos a posibilidade
de ser nós mesmos.
Alguén vindo de moi dentro
díxonos o seu nome
e non soubemos conservalo.
E na dor e nas pedras
e na penumbra e nas máscaras
apagáronse os ecos
e todo quedou en silencio.
Agora a luz do cristal
borrouse.
Agora todo parece tan
só un soño.
viernes, 26 de diciembre de 2014
CRUCE DE CAMIÑOS
Este encontro na taberna
das almas perdidas.
Esta cidade con vistas ó
teu escote.
Estes murmurios que
derrotan a brétema.
Este temporal de baixas
paixóns que fai subir os termómetros.
Esta sede de folgar no
niño agarimoso das túas pernas.
Este alustro fendendo as
tebras cotiás.
Esta amizade con dereito
a prórroga.
Esta aperta que non se
vende nos mercados.
Este tórax espido, este
sorriso, este despois.
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 17 de diciembre de 2014
EDU VOLVE CHAMAR
O pai cavila na
hipoteca,
na paga extra do
Nadal
e no partido de fútbol
do domingo.
A nai devece por un
vestido
que viu no Corte Inglés
e rosma
que habería que mercar
unha lavadora nova
e darlle outra man de
pintura ó salón.
O fillo, Edu, esqueceu
facer os deberes
que lle puxeron os
mestres
e segue coa súa teima
de chamar a todo quisqui
para desexarlles “Feliz
Nadal”.
Prevendo a desmesurada conta do teléfono móbil
o reloxo de cuco da
parede
está a piques de
esnaquizarse en mil anacos
contra a soleira da
porta indiferente da eternidade.
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 10 de diciembre de 2014
OS QUE ESTAMOS MALDITOS
Este é o poema que foi premiado no VII Certame Literario "Rosa de Cen Follas"
os
que estamos malditos
os
que estamos malditos
percorremos
as rúas
coas
roupas dun mércores calquera,
unha
canción de bruce springsteen nos beizos
e
un desexo de esnaquizar escaparates
porque
a liberdade verdadeira
foise
esgotando ó longo dos séculos
e o
amor é unha páxina en branco
esquecida
nos diarios.
os
que estamos malditos
camiñamos
polo gume da navalla
levando
nos pés as úlceras
doentes
dos marxinados,
embebidos
de música e de luz,
asoballados
por pantasmas de fría morte
que
nos arredan de nós mesmos
cando
a única voz que nos chega
é a
dun contestador automático.
os
que estamos malditos
loitamos
contra a soidade, o afogo
e a
tensión dunha sociedade
que
nos puxo ás costas
unha
inquedanza de horóscopos,
unha
orde de busca e captura
por
ter sido tan sinceros
e
tan rebeldes e rexeitar
as
trécolas que nos impoñen cada día.
os
que estamos malditos
sentimos
a anguria do futuro
baixo
a ameaza dun nó corredizo
e
ninguén preguntará pola xiringa
que
pon lume na veas,
o
tanque que esmaga as vísceras,
eses
silencios longos
ou
a desesperanza que abeira
como
un xinete máis do apocalipses.
os
que estamos malditos
buscamos
o alcohol que nos tatúe a fronte,
as
palabras que vencen ós uniformes,
a
noite e as princesas urbanas
e
sen embargo seguimos mordendo o po
como
cans de palleiro, vexados
e
consumidos, e cunha equipaxe
de
estragadas nostalxias nos bolsos
sen
fondo da nosa alma.
os
que estamos malditos
percorremos
as rúas
e
sempre atoparemos un último refuxio
para
as nosas pisadas,
unha
última lenda que nos dea pasaporte,
un
último golpe de loucura
que
nos leve máis alá,
e
saber que seguimos vivos
e
saber que aínda non morremos de todo.
jueves, 4 de diciembre de 2014
VII Certame Literario "Rosa de Cen Follas"
Antonte estiven no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago, recollendo, xunto con Raquel Couto, Jonatan Da Silva e Tito Pérez, o VII Premio Literario (narrativa e poesía) "Rosa de Cen Follas". Todo un pracer, unha xuntanza moi amena e entretida. E ademais despois houbo pinchos, que conste.
Máis datos e fotos no enlace.
viernes, 28 de noviembre de 2014
MUDANZA
Velaquí
un home
que
vén de territorios perigosos.
O
amencer tingue de roxo os campos
e os
cans ladran nas rúas escalazadas.
Velaquí
un home
escorrentando
o medo
á
procura do destino.
Os
pardais fican á sombra.
Nada
se move. Hai soidade
nas
pucharcas e unha poeira
vedraña
cobre os carrouchos.
O
día pasa lento.
Velaquí
un home
buscando
nas tebras da noite
a
coraxe e o rixo necesarios
para
dar o último paso.
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 19 de noviembre de 2014
Entrega do VII Certame de Poesía Victoriano Taibo
Lara Rozados Lorenzo recibe o premio do VII certame de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, das mans do presidente da Entidade, Urbano Domínguez Esmerode na Escola de Guillufe, Gondomar.
Máis información aquí.
miércoles, 12 de noviembre de 2014
VII Premio de Poesía Victoriano Taibo
O vindeiro sábado, 15 de novembro, na Escola de Guillufe (Gondomar) entregarase o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo. A galardoada e a poetisa Lara Rozados pola súa obra “O caderno amarelo”.
Máis información aquí.
miércoles, 29 de octubre de 2014
PASOS (DE BAILE)
Nunca souben ser
elegante sen afociñar,
escapar sen deixar
pegadas,
nin conseguín éxitos nos
que non tivese
antes que lamber as
feridas.
O tempo que nos dá
experiencia
deixa tamén costuróns
sobre a pel gastada;
sempre un borrón
remata por aparecer
nos escritos máis
importantes;
non hai refuxio
que non sufra unha
invernía;
as rosas teñen o curioso
costume
de agochar espiñas,
e á ledicia de camiñar
descalzos
contraponse a probabilidade
de pisar no carreiro
vidros rotos.
Por iso admiro a Fred
Astaire,
un tipo de esvelta
delgadeza
no que ata o máis torpe
tropezón
parecía un paso de baile
perfectamente executado.
Do libro "Territorios estraños"
martes, 14 de octubre de 2014
TEMPO DE CRISE
Pecho
as portas de par en par
porque
no silencio hai demasiado barullo,
o
sol non dá sombra
e o
reloxo marca as horas a destempo.
Hoxe
festexo o aniversario do escepticismo,
como
quen di adeus coa man
na
plataforma dunha estación
pola
que só pasan trens
contra
unha vía morta.
Quero
dicir que estou triste
coma
un chapeu sen Humphrey Bogart.
Do libro "Territorios estraños"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)